Detectado erro na publicación da Resolución do 5 de decembro de 1997 (DOG número 3 do 7 de xaneiro de 1998) da Universidade de Vigo, pola que se convoca concurso público para a provisión de diversas prazas de corpos docentes universitarios e de conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, este rectorado,
RESOLVE:
Primeiro.-Corrixi-lo erro padecido e así:
Paxina 114 praza 108/97.
Onde di: Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en oceanografia física.
Debe dicir: Actividades que realizará quen obteña a praza: docencia en oceanografía física; métodos en oceanografía física.
Segundo.-Conceder un novo prazo de vinte días hábiles a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación desta corrección de erros no Boletín Oficial del Estado para a presentación de novas solicitudes repectándose os dereitos adquiridos dos xa admitidos.
Contra esta resolución que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte o da publicación no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 25 de marzo de 1998.
José Antonio Rodríguez Vázquez
Rector da Universidade de Vigo
2799

