Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 3.992

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (103/1997-E).

Pablo González-Carreró Fojón, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña, fai saber:

Neste xulgado e co número 103/1997-E tramítase expediente de suspensión de pagamentos de Construcciones y Obras Gallegas, S.A. (Congasa) na cal, con esta data, se dictou auto no que se declara a aquela en estado de suspensión de pagamentos en situación de insolvencia provisional, e se convocan a xunta de acredores, que terá lugar o próximo día 26 de maio de mil novecentos noventa e oito ás dez trinta horas na Sala da Audiencia do Xulgado do Penal número dous da Coruña, sito no edificio dos novos xulgados da rúa Monforte s/n da Coruña.

Na Coruña, vinteseis de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

2596