Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 3.995

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (309/1997).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos a que se fai mención se dictou a sentencia co encabezamento e parte dispositiva que dín: Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela. En Santiago de Compostela o dez de decembro de mil novecentos noventa e sete. No nome da S.M. El-Rei. Elisa María Lago Moire, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade pronunciou a seguinte sentencia.

Sentencia. No xuízo de faltas número 309/1997 dimanante do procedemento seguido por furto, no que foron partes ademais do Ministerio Fiscal, Constantino Tato Fuente, denunciante, con domicilio en Alcampo, As Fontiñas, Santiago de Compostela; Alfonso Domínguez Iglesias, demandado, con domicilio en r/ Ponte Pedriña, nº 4-4º Santiago de Compostela.

Decido que debo condenar e condeno a Alfonso Domínguez Iglesias por unha falta de tentativa de furto do artigo 623.1º do Código Penal á pena de 15 días de multa, cunha cota diaria de 500 pesetas (total 7.500 ptas.). Así, por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días. Quedan as actuacións durante este período na secretaría á disposición das partes, para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e para que lle sirva de notificación a Alfonso Domínguez Iglesias, expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o vintecatro de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O secretario xudicial

Rubricado

2791