Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, fai saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 207/1997-10 por instancia de María Fátima Silva Vieira e Laura Mellado Luri contra Manuel García e Cristina Braganza Amancio, nas actuacións do cal se dictou sentencia cun encabezado e parte dispositiva que literalmente din:
«Sentencia no nome de El-Rei en Santiago de Compostela o 26 de febreiro de 1998, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido perante este xulgado coa referencia número 207/1997 no que actuaron como partes demandantes María Fátima Silva Vieira e Laura Mellado Luri e como demandandos Cristina Braganza Amancio e Manuel García Pérez.
Foi parte o Minsiterio Fiscal.
Decido: que debo absolver e absolvo a Cristina Braganza Amancio e Manuel García Pérez da falta que se lles imputaba, con declaración das custas de oficio.
Contra esta miña sentencia poderán interpor os interesados recurso de apelación para ante a audiencia provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenademente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto contitucional ou legal en que se basee a impuganción, e no que se fixará domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou contitucionais que se consideren infrinxidas expresaranse as razóns de indefensión. Así mesmo, deberase acreditar que pedín a emenda da falta ou infracción na primeira instancia, salvo no caso de que se cometesen no momento en que fose xa imposible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido
propoñer en primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns pola que a falta daquelas dilixencias da proba producin indefensión.
Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioa, mándoa e asínoa».
Lévese tetemuño literal ós autos da súa razón quedando o orixinal no libro de sentencias deste xulgado.
E para que conste e lles sirva de notificación a Laura Mellado Luri, Manuel García e Cristina, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o dezaoito de marzo de mil novecientos noventa e oito.
Rubricado
2846

