Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 3.993

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO de poxa (194/1997).

O/a xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira.

Fai saber: que neste xulgado baixo o número 00194/1997 de rexistro, se segue procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, por instancia de Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador Ricardo García-Picolí Atanes, contra Carmen Fontao Framil, en reclamación do crédito hipotecario, e nas súas actuacións acordouse sacar a primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo da súa valoración o(s) predio(s) hipotecado(s) que se dirá(n).

A poxa terá lugar na sala da audiencia deste xulgado, sito na Rúa do Carme nº 3, baixo, desta vila, o próximo día veintedous de xuño do presente ano, ás doce horas, baixo as seguintes condicións.

1. O tipo de remate é de 25.929.000 pesetas, para tal efecto na escritura de préstamo, non admitíndose ofertas que non cubran a dita cantidade.

2. Para tomar parte na poxa deberán consigna-los licitadores previamente na conta de depósitos e consignacións dete xulgado o vinte por cento do tipo

de remate, requisito sen o cal non serán admitidos.

3. Poderá facerse o remate a calidade de cederllo a un terceiro.

4. Desde o anuncio da poxa ata a súa celebración poderán facerse ofertas por escrito en prego cerrado, depositado na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, xunto a aquel, o importe da consignación a que se refire a condición segunda ou xuntando o resgardo de ela feita no establecemento destinado para o efecto.

5. Os autos e a certificación rexistral están de manifesto en secretaría, e os licitadores deberán aceptar como bastante a titulación, sen que poidan esixir outros títulos.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houbese, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o remate as acepta e queda subrogado na responsabilidade destas, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día vintedous de xullo, ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado, nas mesmas condicións cá primeira, excepto o tipo do remate, que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase na terceira, con suxeición a tipo, o día vintetrés de setembro, ás doce horas, na sala da audiencia deste xulgado rexéndose para ela as restantes condicións fixada para a segunda.

Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese celebrarse a poxa o día e hora sinalados, entenderase que se celebrará o seguinte día hábil, á mesma hora, a excepción dos sábados.

o presente edito seviralles de notificación o/os debedores para o caso de non poder levarse a efecto no predio ou predios poxados.

O(s) predio(s) obxecto de poxa e (son) a(s) seguinte(s):

Urbano. O sitio denominado Camba, concello de Brión, que é a parcela 994 do plano xeral da zona de concentración parcelaria de Bastavales. Sobre este predio constrúese obra consistente en dúas naves ou galpóns dunha soa planta, que ten a súa fronte cara ó leste á estrada da Escravitude ós Anxeles; o da dereita mirando desde a estrada, destinado a local comercial, ocupa a superficie duns trescentos sesenta metros cadrados e o da esquerda, destinado a almacén, ocupa a superficie duns trescentos cincuenta metros cadrados e está en plano máis atrasado en relación coa estrada; ámbalas naves e galpóns están unidas entre si, e as circundan polos ventos oeste, sur e parte do leste, o resto do terreo que ocupan a superficie de seis mil cento vinteún metros cadrados, linda: leste á fronte, estrada da Escravitude ós Anxeles; fondo, oeste, camiño; dereita,

norte, Dolores Casal Novo (933), e esquerda, sur, Benito Blanco Madeiro (995) e zona excluída.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Negreira, tomo 788, libro 141, folio 64, predio número 9.736.

E para xeral coñecemento expídese o presente edicto en Negreira, vintecatro de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

2843