Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Venres, 17 de abril de 1998 Páx. 3.993

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (297/1995).

Nos autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia da procuradora Buño, en nome e representación de Manuel Ángel Dobarro Rama, contra María Angélica López Escalona e avogado do Estado, dictouse na data que se dirá, sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

Matías Recio Suárez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous da vila de Carballo e o seu

partido, pronunciou no nome de El-Rei, a seguinte sentencia: en Carballo o dezasete de marzo de mil novecentos noventa e oito. Vistos os presentes autos de xuízo verbal nº 297/1995, sobre solicitude do beneficio de xustiza gratuíta, seguido por instancia de Manuel Ángel Dobarro Rama, con DNI/CIF domiciliado no Río Ulla nº 16 2º Esq., represenado pola procuradora Narcisa Buño Vázquez (de oficio), contra María Angélica López Escalona, en descoñecido paradoiro e avogado da Xunta de Galicia, con DNI/CIF, domiciliado na Coruña.

Decido. Que debo recoñecerlle e recoñézolle o dereito a litigar gratuitamente a Manuel Ángel Dobarro Rama, con dereito ós beneficios que a lei outorga, no xuízo de divorcio nº 296/1995 e tódalas súas incidencias, sen prexuízo do disposto no artigo 48 da Lei de axuizamento civil. Contra esta sentencia, que non é firme, cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días contados a partir do seguinte hábil ó da súa notificación.

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para que lle sirva de notificación en forma á demandada rebelde María Angélica López Escalona, en descoñecido paradoiro, expídese o presente edicto en Carballo, dezasete de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O xuíz

Rubricado

O/a secretario/a

Rubricado

2806