Vista a acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo para o sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial con data do 24-2-1998, na que se clarifica a interpretación do artigo 14 do citado convenio colectivo e se adapta a xornada laboral para 1998. Esta autoridade laboral, ó abeiro do disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,
ACORDA
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Vigo, 27 de febreiro de 1998.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra
Convenio colectivo do sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra
Asistentes:
CC.OO.
Marcos González Oliveira.
Francisco Estévez Rodríguez.
UGT
Ramón Carrera Molares.
José Carlos Rodríguez del Río.
CIG
Alberto Ferradas Campo.
Asociación Empresarios Materiales. Construcción.
Francisco Elvira Román.
Ana Alonso Costa.
Asociación Galega Graniteros
Rafael Alonso.
Jesús Maraña Goldar.
Secretario de actas
Pablo Rodríguez Álvarez.
En Vigo, nos locais da Confederación Provincial de Empresarios de Pontevedra, ás 17 horas do 6 de febreiro de 1998, reúnese a comisión paritaria do convenio de mármores e pedras da provincia de Pontevedra. Asisten os señores relacionados anteriormente.
Respecto a cuestión formulada polas centrais CC.OO. e UGT de que a parte proporcional da antigüidade que os traballadores teñen devengada e non cobrada o 21 de novembro de 1996 debe ser aboada con carácter retroactivo, acórdase polas partes modifica-lo artigo 14 do convenio de maneira que se aclare esta circunstancia.
No texto en galego do DOG nº 248, do 24 de decembro de 1997, habería que substituí-lo segundo parágrafo do dito artigo 14 polos seguintes:
Os traballadores manterán e consolidarán os importes ós que tivesen dereito con data do 21 de novembro de 1996. Ó importe anterior engadiráselle a parte proporcional de antigüidade que o traballador tivese devengada e non cobrada á data antes referida, calculándose por defecto ou por exceso por anos completos, é dicir, computarase ano completo cando a fracción deste sexa igual ou superior a 0,5 e non se computará cando sexa inferior a 0,5.
Xúntase táboa (anexo), coas antigüidades xa consolidadas con data do 21 de novembro de 1996. Esta táboa tan só lles será aplicable a aqueles traballadores que na data sinalada tivesen, polo menos, dous anos de antigüidade na empresa.
Os importes da táboa manteranse invariables e por tempo indefinido como complemento retributivo ad personam, é dicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa. O dito complemento retributivo reflictirase nos recibos de salario coa denominación de antigüidade consolidada.
Para adapta-la xornada de 1.764 horas de xornada ordinaria anual para 1998, fíxanse como festivos do convenio e aboables, para tódolos efectos, os días seguintes:
8 de xuño, 24 de xullo, 14 de agosto, 7 de setembro, 30 de outubro, 24, 30 (media xornada) e 31 de decembro.
Estes días, así mesmo, non serán computables para os efectos do desfrute das vacacións.
Nos concellos onde a festa local cadrase en día non laborable ou festivo do convenio, pasarase ó día inmediatamente seguinte.
Nos concellos que se relacionan a seguir, fíxanse como festivos os días seguintes:
-Cambados: 13 e 20 de xullo.
-Cerdedo: 27 de xullo.
-O Covelo: 8 de setembro.
-Fornelos de Montes: 15 de xuño.
-Pontevedra: 15 de xullo.
-Vigo: 30 de marzo.
Facúltase a Pablo Rodríguez Álvarez para efectua-los trámites oportunos ante a delegación da consellería tendentes ó rexistro e publicación do pactado.
Sen máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 20 horas do día arriba indicado.
3460

