Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 27 de abril de 1998 Páx. 4.353

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 26 de marzo de 1998 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña Verán Galicia-98 que se desenvolverá nas instalacións xuvenís de Galicia.

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, leva a cabo o programa Fomento da actividade xuvenil, figurando entre os seus obxectivos a promoción e organización de actividades de animación sociocultural destinadas á xuventude no ámbito do lecer e o tempo libre.

Asumidas as competencias neste eido polo Decreto 146/1982, do 1 de decembro, e consciente esta consellería da importancia que ten o feito de facilitar canles polas que a mocidade poida participar nese tipo de actividades, este ano, do mesmo xeito que en anos anteriores, convócase a Campaña Verán Galicia-98.

A oferta da Campaña Verán Galicia-98 comprende actividades en albergues, campamentos, campos de traballo voluntarios, rutas turístico-culturais e deportivas e outras relacionadas co lecer e o tempo libre, cun carácter convivencial, todas elas dirixidas a mozos e mozas individualmente considerados.

O obxecto da Dirección Xeral de Xuventude con esta campaña é o de atende-la demanda individual, cada día máis crecente, de mozos e mozas no campo do lecer e o tempo libre, utilizando para este fin as instalacións e medios de que dispón o dito centro xestor.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Co obxectivo de facilitarlle á xuventude a participación en actividades de tempo libre, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, oferta un plan xeral de actividades que se detalla no anexo I da presente orde.

Este plan xeral de actividades desenvolverase en virtude do uso preferente das instalacións xuvenís pola Dirección Xeral de Xuventude e sen prexuízo da reserva correspondente de prazas para o uso destas en réxime de oferta concertada (Orde do 17 de febreiro de 1998), e para alberguistas.

Nos servicios de xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nas oficinas TIVE-Galicia, nas oficinas e puntos de información xuvenil da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil e nas oficinas de información administrativa e atención ó cidadán, os interesados poden solicitar folletos informativos da convocatoria da presente campaña, onde se detalla unha información ampla sobre cada actividade e da instalación xuvenil onde se vai levar a cabo.

Artigo 2º.-Servicios ofertados.

A oferta da Campaña Verán Galicia-98 supón a inscrición individual, permitíndolle á xuventude dispoñer dos seguintes servicios:

1. Un programa de actividades de carácter socio-cul

tural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do mozo.

2. Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.

3. Manutención en réxime de pensión completa.

4. O material necesario para a actividade.

5. Un equipo técnico de personal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre.

6. Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.

Artigo 3º.-Participantes.

De acordo coas prazas dispoñibles, poderán solicita-la súa participación nas actividades programadas, os mozos e mozas de ata 30 anos, segundo se especifica para cada actividade no anexo I desta orde, podendo elixir entre as que se desenvolven na súa provincia ou fóra dela.

En canto á marxe de idade mínima e máxima que se especifica para cada actividade, deberase ter en conta:

1. As idades mínimas que se especifican para cada actividade entenderanse cumpridas durante o ano 1998, agás nos casos en que a idade mínima sexa os 18 anos, en que se entenderán cumpridos antes do comezo da actividade.

2. En relación ó tope máximo de idade establecido para cada actividade, os solicitantes nos que a súa idade coincida coa establecida como idade máxima para participar na actividade solicitada, deberán tela o 1-7-1998 para aquelas que se desenvolvan en xullo e o 1-8-1998 para as que se desenvolvan en agosto.

Non se admitirán aquelas solicitudes nas que o solicitante non cumpra os ditos requisitos de idade para a actividade solicitada.

Artigo 4º.-Quenda.

As quendas de actividades terán unha duración de 7, 10 ou 15 días, segundo a modalidade da actividade, e desenvolveranse durante os meses de xuño, xullo e agosto, establecéndose por cada quenda un mínimo de 20 participantes.

Artigo 5º.-Solicitude.

1. As solicitudes deberán formularse no impreso que se indica no anexo II desta orde. Cada mozo unicamente poderá cubrir unha solicitude e un máximo de cinco quendas ou actividades por solicitude. (Cada quenda ou actividade vai identificado cun código no anexo I desta orde).

2. As solicitudes dirixiranse á directora xeral de Xuventude, e poderán presentarse no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos rexistros das súas delegacións provinciais ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Así mesmo, admitiranse aquelas solicitudes que se reciban a través dos seguintes medios:

-A través da rede Internet na páxina con dirección (u.r.l.) http://www.xunta.es/adm/campalbe.htm.

O interesado será responsable da seguridade dos datos incluídos na solicitude ata que non se almacenen na base de datos da Xunta de Galicia.

-Ou ben por fax, ós números indicados no anexo IV desta orde.

Neste caso, na instancia farase figurar necesariamente un número de teléfono ó que poder chamar no suposto de que houbese que emendar calquera erro na solicitude ou na súa recepción.

O interesado poderá comproba-la recepción da súa solicitude a partir do 20 de maio no teléfono xove (902) 15 25 35.

Artigo 6º.-Prazo.

O prazo de solicitude iniciarase o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 15 de maio de 1998.

Artigo 7º.-Adxudicación de prazas.

A adxudicación realizarase da seguinte forma:

1. Por adxudicación directa, no caso de que a demanda non supere o número de prazas dispoñibles.

2. Por sorteo, por medios informáticos, no suposto de que o número de solicitudes supere o número de prazas dispoñibles.

O sorteo realizarase o día 26 de maio de 1998 nas dependencias da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Santiago de Compostela.

O resultado do sorteo farase público e confeccionarase a correspondente lista de admitidos para cada quenda e actividade. As ditas listas serán expostas o día 28 de maio na Dirección Xeral de Xuventude, no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos rexistros e servicios de Xuventude das súas delegacións provinciais, e no Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán de Santiago de Compostela.

Artigo 8º.-Documentación.

Os participantes seleccionados deberán presentar na Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude da provincia onde se vaia desenvolve-la actividade, ou na Dirección Xeral de Xuventude, no caso das actividades pluriprovinciais (que se desenvolven en dúas ou tres instalacións), no prazo de dez días contados desde o día seguinte ó da data de exposición das listas, a seguinte documentación:

-Xustificante de pagamento (impreso oficial).

-Fotocopia do DNI ou da páxina correspondente do libro de familia.

-Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico.

-Cuestionario médico-sanitario (anexo III).

-Declaración xurada de que sabe nadar, só para os participantes en actividades de náutica: vela, táboa, esquí acuático, piragüismo e kaiak polo.

-Certificado médico de non padecer ningunha enfermidade e de estar apto para participar na actividade.

No caso contrario, decaerá a adxudicación realizada e pasará a oferta pública, aplicándose o procedemento disposto no artigo 9º desta orde.

Artigo 9º.-Adxudicación das prazas de resultas.

1. As vacantes que se produzan , xa sexa por renuncia do interesado ou por non presenta-la documentación referida no artigo 8º desta orde en prazo, adxudicaranse por adxudicación directa segundo se vaian solicitando.

Para estes efectos, no período comprendido do día 12 ó 16 de xuño poderán solicita-las prazas vacantes todos aqueles solicitantes ós que non se lles adxudicou praza no sorteo.

Transcorrido o dito período, as prazas vacantes que se produzan poderán ser solicitadas por calquera persoa interesada, sempre e cando cumpra as limitacións de idade ás que fai mención o artigo 4º desta orde.

2. Para solicita-las prazas de resultas, o interesado poderá efectua-la oportuna reserva de praza, no caso de que existan vacantes, persoalmente ou por teléfono a través de calquera servicio de Xuventude das delegacións provinciais da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, das oficinas TIVE-Galicia ou da Dirección Xeral de Xuventude.

Unha mesma persoa non poderá reservar máis dunha praza. A reserva de prazas poderase efectuar en horario de 9 a 14 horas, en días laborables agás sábados.

3. Unha vez efectuada a reserva de praza, o interesado disporá dun prazo de 48 horas para presenta-lo impreso que se indica no anexo II desta orde debidamente cuberto, e a documentación relacionada no artigo 8º. Os solicitantes ós que non se lles adxudicou praza no sorteo non terán que presenta-lo anexo II. Esta documentación poderá presentala en calquera das oficinas anteriormente relacionadas. No caso contrario, perderá o dereito á praza reservada.

4. No anexo IV indícanse os enderezos e os teléfonos e fax das oficinas administrativas a través das que poderá efectuarse a oportuna reserva de praza, para os efectos do disposto neste artigo.

Artigo 10º.-Prezos.

Os prezos de aplicación para cada actividade e quenda aparecen detallados no anexo I, e están establecidos de acordo co disposto no apartado B do anexo da Orde do 2 de xaneiro de 1998, pola que se fixan as tarifas e prezos en servicios de xuventude nas instalacións xuvenís para o ano 1998 (DOG nº 9 , do 15 de xaneiro).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de marzo de 1998.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO IV

-Dirección Xeral de Xuventude:

Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, bloque 3, 1º, 15771 Santiago de Compostela.

Teléfono: 54 48 67.

Fax: 54 58 43.

-Delegación Provincial da Coruña da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Enderezo: Avda. do Exército, 2-1º, 15006 A Coruña.

Teléfono: 22 65 50.

Fax: 18 57 02.

-Servicio de Xuventude da Coruña.

Enderezo: rúa Durán Loriga, 9, 15003 A Coruña.

Teléfono: 22 65 50.

Fax: 22 13 36.

-Delegación Provincial de Lugo da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Enderezo: Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Teléfono: 29 43 52.

Fax: 29 43 39.

-Delegación Provincial de Ourense da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

Enderezo: rúa Camiño Vello, Prado Lonia, s/n, 32004 Ourense.

Teléfono: 38 61 20.

Fax: 38 60 87.

-Servicio de Xuventude Ourense.

Enderezo: Avda. Habana, 81 baixo, 32004 Ourense.

Teléfono: 38 61 20.

Fax: 38 61 19.

-Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude. Servicio de Xuventude.

Enderezo: rúa María Berdiales, 20, 36203 Vigo.

Teléfono: 81 70 78.

Fax: 81 70 82.

-Oficina TIVE da Coruña.

Enderezo: rúa Durán Loriga, 9-1º, 15003 A Coruña.

Teléfono: 21 40 54.

-Oficina TIVE de Santiago de Compostela.

Enderezo: praza do Matadoiro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.

Teléfono: 58 39 00.

Fax: 57 24 26.

-Oficina TIVE de Ferrol.

Enderezo: rúa Magdalena, 123-1º, 15402 Ferrol.

Teléfono: 35 03 00.

-Oficina TIVE de Lugo.

Enderezo: Ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Teléfono: 29 43 38.

-Oficina TIVE de Ourense.

Enderezo: Avda. Habana, 81 baixo, 32004 Ourense.

Teléfono: 38 61 18.

-Oficina TIVE de Pontevedra.

Enderezo: Benito Corbal, 47-2º, 36001 Pontevedra.

Teléfono: 80 55 32.

Fax: 80 55 54.

-Oficina TIVE de Vigo.

Enderezo: rúa María Berdiales, 20 entreplanta, 36203 Vigo.

Teléfono: 81 70 79.

3662