Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 27 de abril de 1998 Páx. 4.360

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1998 pola que se convocan oito cursos e un seminario de formación en materia de consumo.

En uso das atribucións conferidas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse, en colaboración co Instituto Galego de Consumo, os cursos e mailo seminario indicados no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos e no seminario deberá presentar, cuberta en tódolos epígrafes que corresponda, a instancia que, como modelo, se recolle no anexo II desta resolución.

2. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún curso no seguinte ano.

3. O prazo de presentación de instancias será o que se sinala para cada curso no precitado anexo I.

4. As solicitudes de admisión ó curso axustaranse ó modelo recollido no anexo II desta resolución e dirixiranse á Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela. As instancias presentaranse no rexistro da EGAP, podéndose utilizar, así mesmo, os sistemas previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso e para o seminario no referido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se van a utilizar serán os recollidos no anexo I para cada un nos cursos así como para o seminario programados.

2. As relacións de seleccionados para participar nos cursos publicaranse nos taboleiros de anuncios da EGAP e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán, e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións previstas dos cursos. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, se ben a falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas impedirá a expedición das correspondentes certificacións de participación e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos e do seminario anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito a suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para estes efectos os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Curso sobre a calidade na inspección de consumo.

1. Obxectivos:

Analiza-las vías necesarias para introduci-lo concepto de calidade no desenvolvemento do labor inspector.

2. Destinatarios:

Persoal que desenvolve labores de inspección de consumo na Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Prazo de presentación de instancias:

Comezará a contarse a partir do día seguinte ó de publicación desta resolución no DOG, rematando o 1 de setembro do ano que corre.

4. Selección:

Os criterios selectivos que se terán en conta serán os que se fan públicos no apartado B) do anexo á Resolución do 27-6-1994 (DOG nº 149, do 3-8-1994).

5. Desenvolvemento do curso:

5.1. Duración: 30 horas (20 teóricas e 10 prácticas).

5.2. Lugar: Santiago de Compostela, na sede da EGAP.

5.3. Datas: 15, 16, 17, 18, 21, 22 e 23 de setembro.

5.4. Horario: de 17 a 21 horas (agás o día 15 que ademais terá sesión de mañá das 9 ás 13 horas).

5.5. Prazas: 41.

6. Contido básico:

A inspección de consumo: planificación, regulamentación e organización. Visión da inspección de consumo polos inspeccionados. Visión da inspección de consumo polos laboratorios. O procedemento sancionador como calidade final da inspección. A actuación da inspección: protocolos, actas e toma de mostras. A informática na inspección. O novo marco da inspección de consumo.

7. Certificacións:

Outorgaránselles certificados de aproveitamento ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento do curso e superen os controis ou probas que se determinen oportunamente.

Curso de campañas de inspección

1. Obxectivos:

A análise das estratexias de actuación e unificación de criterios no desenvolvemento das campañas de inspección para 1998.

2. Destinatarios:

Persoal que está a desenvolver labores de inspección de consumo na Comunidade Autónoma galega.

3. Prazo de presentación de instancias:

Comezará a contarse a partir do día seguinte ó de publicación desta resolución no DOG e rematará o 8 de maio do ano que corre.

4. Selección:

Farase en función da orde de chegada das solicitudes ata completa-lo número máximo de prazas previstas.

5. Desenvolvemento do curso:

5.1. Duración: 16 horas (8 teóricas e 8 prácticas).

5.2. Lugar: Santiago de Compostela, na sede da EGAP.

5.3. Datas: 18, 19 e 20 de maio.

5.4. Horarios: das 9 ás 13 horas e de 17 a 21 horas (día 18); de 17 a 21 (días 19 e 20 de maio).

5.5. Prazas: 41.

6. Contido básico:

Avaliación das campañas desenvolvidas no primeiro trimestre do ano. Análise das estratexias de actuación nas campañas nacionais para 1998. Análise das estratexias da actuación nas campañas autonómicas para 1998. Rede de alerta. Control de calidade.

7. Certificacións:

Outorgaráselles certificados de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nas actividades programadas.

Curso básico de consumo

1. Obxectivos:

Formación básica no campo do consumo.

2. Destinatarios:

Persoal das oficinas municipais de información ó consumidor, das asociacións de consumidores e usuarios

e persoal da Administración con funcións relacionadas coa defensa dos dereitos dos consumidores e usuarios.

3. Prazo de presentación de instancias:

Comezará a contarse a partir do día seguinte ó de publicación desta resolución no DOG, rematando o 8 de maio do ano que corre.

4. Selección:

Farase en función da orde de chegada das solicitudes ata completa-lo número máximo de prazas previstas.

5. Desenvolvemento do curso:

5.1. Duración: 15 horas.

5.2. Datas e lugar de realización: A Coruña: do 25 ó 28 de maio; Lugo: do 1 ó 4 de xuño; Ourense: do 8 ó 11 de xuño; Pontevedra: do 15 ó 18 de xuño.

5.3. Horarios: das 17 ás 21 horas en tódalas edicións.

5.4. Prazas: 25 por edición.

6. Contido básico:

Dereitos e deberes dos consumidores: a sociedade de consumo. A organización do consumo en Galicia. A defensa dos consumidores na Unión Europea. A atención ó consumidor desde a Administración local e as asociacións de consumidores e usuarios: as oficinas municipais de información ó consumidor: competencias e funcións. As asociacións de consumidores e usuarios: competencias e servicios. A xestión da información. Consultas, reclamacións e denuncias. Inspección e procedemento sancionador: marco xurídico. Marco de actuación. A mediación e a arbitraxe de consumo: a mediación. A arbitraxe de consumo. As xuntas arbitrais de consumo e os colexios arbitrais. Normativa xeral e específica sobre productos, bens e servicios: alimentación. Servicios de asistencia técnica. Establecementos comerciais. Publicidade. Os servicios básicos: auga, electricidade, gas, teléfono. Facturación e cortes de subministracións.

7. Certificacións:

Outorgaráselles certificados de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nas actividades programadas.

Curso de xestión de axudas.

1. Obxectivos:

Unificar criterios e perfeccionar métodos de actuación de acordo co establecido nas resolucións de concesión de axudas do IGC para 1998 dirixidas ás oficinas municipais de información ó consumidor e ás asociacións de consumidores e usuarios.

2. Destinatarios:

Persoal das oficinas municipais de información ó consumidor e das asociacións de consumidores e usuarios con responsabilidade directa na tramitación e xestión das axudas do IGC.

3. Prazo de presentación de instancias:

Comezará a contarse a partir do día seguinte ó de publicación desta resolución no DOG e rematará o 8 de maio do ano que corre.

4. Selección:

Farase en función da orde de chegada das solicitudes ata completa-lo número máximo de prazas previstas.

5. Desenvolvemento do curso:

5.1. Duración: 15 horas (8 para as oficinas municipais de información ó consumidor e 8 para as asociacións de consumidores e usuarios).

5.2. Lugar: Santiago de Compostela, na sede da EGAP.

5.3. Datas: 19 e 20 de maio.

5.4. Horario: das 9 ás 13 horas e de 17 a 21 horas.

5.5. Prazas: 35.

6. Contido básico:

O programa de axudas para actividades de consumo en 1998: axudas para as oficinas municipais de información ó consumidor. Axudas para as asociacións de consumidores e usuarios. Prioridades do IGC para actuacións en materia de consumo. O procedemento de tramitación das axudas. Criterios obxectivos para a concesión das axudas. A xustificación das axudas. O pagamento das axudas. O control das axudas.

7. Certificacións:

Outorgaráselles certificados de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nas actividades programadas.

Curso monográfico sobre o sistema arbitral de consumo.

1. Obxectivos:

Proporcionar unha formación xurídica e técnica para resolve-los litixios de consumo no sector dos seguros e dos servicios económicos de interese xeral, a través da vía arbitral.

2. Destinatarios:

Persoas designadas para actuar como árbitros nos distintos colexios arbitrais de consumo de Galicia (ben sexa en representación da Administración, dos consumidores ou das empresas), e responsables das oficinas de información ó consumidor.

3. Prazo de presentación de instancias:

Comezará a contarse a partir do día seguinte ó de publicación desta resolución no DOG, rematando o 1 de setembro do ano que corre.

4. Selección:

Farase en función da orde de chegada das solicitudes ata completa-lo número máximo de prazas previstas.

5. Desenvolvemento do curso:

5.1. Duración: 20 horas (10 teóricas e 10 prácticas).

5.2. Lugar: Santiago de Compostela, na sede da EGAP.

5.3. Datas: 24, 25, 28, 29 e 30 de setembro.

5.4. Horario: das 17 ás 21 horas.

5.5. Prazas: 35.

6. Contido básico:

Sector seguros.

Conceptos xerais dos contratos de seguros: a linguaxe dos seguros. As partes no seguro. Os diferentes tipos de seguros. A Lei de ordenación e supervisión dos seguros privados por tipos. Cláusulas abusivas. A prima, os seus tipos. O rescate. A xestión das reclamacións nas empresas de seguros: a figura do defensor do cliente. A mediación. Dificultade que presenta a mediación. A arbitraxe. O papel e a responsabilidade do corredor no contrato de seguros. As probas nos procedementos arbitrais referidos ó sector: mecanismos do consumidor e da administración de consumo. A peritaxe. A carga da proba.

Sector servicios.

A liberalización dos servicios económicos de interese xeral: marco legal. A prestación dos servicios. Facturación, interrupción e cortes na subministración. A súa autorización previa. A xestión das reclamacións nas empresas subministradoras: mediación e arbitraxe. A posible obrigatoriedade da inclusión na arbitraxe de consumo das empresas subministradoras. A proba. Dificultade da proba. Conflicto entre dúas ou máis empresas.

7. Certificacións:

Outorgaráselles certificados de asistencia ós alumnos que participen con regularidade nas actividades programadas.

Seminario sobre liberalización dos servicios económicos de interese xeral

1. Obxectivos:

Informar sobre as consecuencias para o consumidor da liberalización dos servicios económicos de interese xeral.

2. Destinatarios:

Persoal da Administración Autonómica que traballa no eido do consumo, das asociacións de consumidores e usuarios e expertos en consumo.

3. Desenvolvemento do seminario:

3.1. Duración: 12 horas.

3.2. Lugar: Santiago de Compostela, na sede da EGAP.

3.3. Datas: 28 e 29 de setembro.

3.4. Horario: das 9 ás 13 e das 17 ás 21 horas (día 28); de 9 a 13 (día 29).

3.5. Prazas: 100.

6. Contido básico:

Introducción: os servicios de interese xeral na UE: servicio ós cidadáns. Interese xeral e Mercado Único Europeo. Primeira mesa redonda: principios de igualdade de acceso, universalidade, continuidade e calidade do servicio. Segunda mesa redonda: os efectos da liberalización do servicio das telecomunicacións en España: servicio universal, calidade e prezo accesible. Conclusións.

3528