Consonte coa proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 13 de xuño de 1997 (DOG do 4 de xullo) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións, a prol de José Óscar Rubiños López, con documento nacional de identidade número 34.970.153, e cumprindo o interesado os requisitos do apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.
Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José Óscar Rubiños López, profesor titular de universidade, da área de coñecemento de teoría do sinal e comunicacións, do departamento de Tecnoloxía das Comunicacións.
Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polo interesado, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo da comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado.
Vigo, 2 abirl de 1998.
José Antonio Rodríguez Vázquez
Rector da Universidade de Vigo
3202

