O comandante auditor José Alfredo Fernández Pérez, titular do Xulgado Togado Militar Territorial número corenta e un da Coruña, fai saber que pola presente requisitoria e nas dilixencias preparatorias número 41/2/98 instruídas por presunto delicto de abandono do destino, cítase e chámase o soldado (MR) E.T. José Antonio Iglesias Paratcha, fillo de José Ramón e María Jesús, nacido en Vigo (Pon
tevedra) o 22 de marzo de 1978, DNI número 53.113.789, para que no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de que esta requisitoria apareza inserida neste boletín oficial, compareza ante este Xulgado Togado Militar Territorial número corenta e un, sito na Coruña, praza de San Domingos s/n, acuartelamento de San Domingos, baixo apercibimeento de ser declarado rebelde.
Ó mesmo tempo, prego e encargo a tódalas autoridades e forzas de seguridade que tan pronto teñan coñecemento do paradoiro do referido inculpado, procedan á súa captura e posta á disposición deste órgano xudicial.
A Coruña, 1 de abril de 1998.
O comandante auditor-xuíz togado
Rubricado
3154

