Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 27 de abril de 1998 Páx. 4.371

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998 pola que se somete a información pública a adaptación do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia.

O artigo 20.2º da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia, obriga a someter a información pública o Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, redactado segundo o disposto no capítulo IV da antedita lei.

Por iso,

RESOLVO:

Someter a información pública, durante un prazo dun mes, o plan denominado adaptación do Plan de Xestión de Residuos Sólidos Urbanos de Galicia, que supón a posta ó día do plan actualmente vixente de acordo cos criterios da Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos urbanos de Galicia.

O documento atoparase á disposición dos interesados nos seguintes lugares:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente; rúa

dos Feáns, 1-3, baixo; 15706 - Santiago de Compostela.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente na Coruña; edificio administrativo Múltiples Monelos; praza Luís Seoane, s/n; 15008 - A Coruña.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo; Ronda da Muralla, 70; 27074 - Lugo.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Ourense; Avda. da Habana, 79 - 2ª planta; 32004 - Ourense.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra; r/ Benito Corbal, 47 - 3º; 360671 Pontevedra.

As alegacións que se presenten deberán dirixirse ó conselleiro de Medio Ambiente.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1998.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

3544