Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 27 de abril de 1998 Páx. 4.372

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 7 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifican as incoacións de expedientes sancionadores en materia de réxime de v.p.o. E.S. OR-04/1998 e E.S. OR-06/1998 devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resovín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción do réxime legal de v.p.o., por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora do procedemento a Natalia Saco Rivera, xefa do servicio xurídico-administrativo da delegación provincial e secretaria a Olga Paredes Medela, funcionaria da citada delegación, que poderán ser recusados en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegaren por escrito cantas alegacións, documentos e informacións consideren convenientes en defensa dos seus intereses e se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto),

de non efectuarse alegacións no prazo anterior este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 7 de abril de 1998.

José Elier Ureña

Delegado provincial de Ourense

3243