A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño) convoca os seguintes concursos:
Expediente 3/1998.
1. Obxecto: servicio de vixilancia e seguridade do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo.
2. Orzamento: 304.800.000 ptas., IVE incluído.
3. Prazo de execución: inmediato desde a data da formalización do contrato.
4. Admisión de variantes: admitiranse variantes ou alternativas no servicio obxecto do presente prego, sempre e cando se cumpra o estipulado nas prescricións técnicas.
5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.
6. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación ordinaria.
7. Clasificación: grupo III, subgrupo 2, categoría C.
10. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares no nº 11.1.
11. Documentación: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódense solicitar no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, rúa Pizarro, 22, 36204 Vigo, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas ou ó teléfono (986) 81 60 23 e fax (986) 81 60 65.
12. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, no rexistro
xeral do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
13. Documentación que deben presenta-los licitadores: presentarán en sobre pechado e asinado polo licitador a solicitude para participar, así como a documentación persoal e referencias técnicas, descritas no PCAP.
14. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do Hospital Xeral ás 8.30 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas, no caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
15. Anuncios: o importe do anuncio do presente concurso público será por conta dos adxudicatarios dos contratos.
Vigo, 25 de marzo de 1998.
José Manuel González Álvarez
Director xerente do Complexo Hospitalario Xeral-Cíes de Vigo
3237

