Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Luns, 27 de abril de 1998 Páx. 4.378

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO de contratación por concurso, procedimento aberto, de concerto para instalación de protectores peonís.

Concello da Estrada. Dependencia que tramita o expediente, secretaría. Obxecto do contrato: a instalación de protectores peonís no interior do núcleo urbano e nos puntos conretos que se sinalan nos planos unidos ó prego de condicións. As dimensións dos protectores serán, aproximadamente, de 1,10 de alto por 1,20 de longo. Prazo de instalación: dous meses. Tempo de utilización do dominio público: 5 años; dutante este prazo a empresa poderá contratar publicidade. Un 20% dos protectores quedarán reservados ó concello para instalación de publicidade institucional. Transcorridos os 5 anos, os protectores peonís pasarán a ser de propiedade municipal. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

Forma: concurso. Canon mínimo 160 ptas., por m de protector e ano. Garantía definitiva 100.000 ptas. Obtención do prego e documentación na secretaría xeral. Información chamando ó Concello da Estrada, Tlf. 57 01 65, extensión 15.

Presentación de ofertas, nos vinteseis días naturais seguintes á publicación deste anuncio, na oficina de plicas da secretaría xeral, de 9 a 13 horas.

Documentos que se presentarán.

Sobre 1. Coa inscrición na cuberta «Protectores peonís». Documentación. Conterá os documentos relacionados no prego.

Sobre 2. Coa inscrición «Protectores peonís, Oferta económica». Conterá o seguinte modelo de proposición: D/Dona..., con DNI número..., en nome propio (ou en representación de...), con enderezo para efectos de notificacións en..., informado do prego de condicións para o concerto de instalación de protectores peonís, comprométese á instalación dos que figuran nos planos do expediente ó prezo de...(en número e en letra) ptas./m.

Ademais, propón a instalación de protectores peonís nas seguintes zonas... Data e sinatura do/a propoñente.

Apertura de plicas. Terá lugar, ás 12 horas do día hábil seguinte ó remate para presentación de plicas.

Gastos de anuncios, por conta do adxudicatario.

A Estrada, 23 de marzo de 1998.

O alcalde

Rubricado

3206