O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 26 de febreiro de 1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle das NN.SS de planeamento vixentes en Arteixo, que ten por obxecto ordenar volumes e establecer aliñacións na Avda. Finisterre, promovido por Ramón Barca Pena, e redactado polo arquitecto José María Dopico Suárez (expediente 36/97. PED).
Contra o acto que se publica poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala de lo Contencioso-Administrativo), no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á data da publicación do presente anuncio, logo de comunicación a esta Administración pública, segundo o disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo do exercicio das demais accións que se consideren convenientes.
Arteixo, 25 de marzo de 1998.
Manuel Pose Miñones
Alcalde
3203

