O Pleno deste Concello, na sesión celebrada o día 24 de marzo de 1998, aprobou con carácter definitivo o estudio de detalle dun terreo en solo urbano consolidado sito en Sombreu-Miño, promovido polo seu propietario Sancopan, S.L., segundo o proxecto redactado polo arquitecto Castro Vila e visado polo COAG.
O que se fai público para a súa executividade dando cumprimento ó disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do solo de Galicia. Sublíñase que contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do seguinte a esta publicación, logo da comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se coide procedente.
Miño, 28 de marzo de 1998.
Deogracias Romeu López
Alcalde
3204

