Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.416

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 20 de abril de 1998 pola que se designa o presidente da autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa.

O artigo 41 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, establece que o presidente da autoridade portuaria será designado e separado polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

Para dar cumprimento ó disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, o Consello da Xunta de Galicia acordou con data do 5 de marzo de 1998, faculta-lo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para a designación e separación do presidente da autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa.

En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Designar a Manuel Bouzas Moure, presidente da autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1998.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

3736