O artigo 41 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, establece que o presidente da autoridade portuaria será designado e separado polo órgano competente da Comunidade Autónoma.
Para dar cumprimento ó disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, o Consello da Xunta de Galicia acordou
con data do 5 de marzo de 1998, faculta-lo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para a designación e separación do presidente da autoridade portuaria de Marín-Pontevedra.
En consecuencia,
DISPOÑO:
Artigo único.-Designar a Tomás Iribarren Fernández-Rogina, presidente da autoridade portuaria de Marín-Pontevedra.
Santiago de Compostela, 20 de abril de 1998.
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
3737