Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 06 de maio de 1998 Páx. 4.777

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 22 de abril de 1998 pola que se establecen os modelos das tarxetas acreditativas das titulacións para o goberno de embarcacións de lecer e o procedemento para a súa obtención.

A publicación da orde do Ministerio de Fomento do 17 de xuño de 1997, pola que se regulan as condicións para o goberno das embarcacións de lecer, que entrou en vigor o 3 de xaneiro deste ano, modificou as bases normativas para o exercicio das funcións e servicios transferidos polo Real decreto 89/1996, do 26 de xaneiro, en materia de ensinanzas náutico-deportivas.

A orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 7 de xaneiro de 1997, establecía as tarxetas acreditativas das titulacións para o goberno de embarcacións de lecer e o procedemento para a súa obtención, ó abeiro da normativa básica vixente naquela data.

Modificada esta cómpre regula-lo procedemento para a obtención das tarxetas acreditativas das correspondentes titulacións e defini-las características físicas de cada unha delas dentro do novo marco normativo en vigor no Estado.

Por outro lado e co obxecto de introduci-las menos modificacións posibles no conxunto das tarxetas que autorizan o goberno de embarcacións de lecer e despois de consulta e conformidade das Federacións Galegas de Motonáutica e de Vela, mantense o formato definido na orde citada do 7 de xaneiro de 1997 para as correspondentes autorizacións federativas definidas en el artigo 10 da citada orde do Ministerio de Fomento. Polo exposto,

DISPOÑO:

I. Disposicións xerais.

Artigo 1º

As tarxetas de identidade acreditativas das titulacións para o goberno de embarcacións de lecer serán emitidas por solicitude dos interesados, de acordo co establecido na presente orde.

Artigo 2º

A validación das autorizacións federativas para embarcacións de vela e motor do artigo 10 da Orde do 17 de xuño de 1997, do Ministerio de Fomento, farase mediante o visto e prace da consellería segundo o establecido no artigo 16 desta orde.

Artigo 3º

As tarxetas de identidade marítima correspondentes, serán emitidas ou validadas pola Dirección Xeral

de Formación Pesqueira e Investigación a través do seu Negociado de Titulacións.

II. Das tarxetas de identidade acreditativas de titulacións ou autorizacións federativas.

Artigo 4º

As tarxetas acreditativas son persoais e intransferibles, e a responsabilidade do seu uso e custodia corresponde ó seu titular. No caso de ser usada por persoa distinta serán recollidas e anuladas, sen prexuízo das responsabilidades que se poidan esixir por utilización indebida.

Non é válida para efectos de acredita-la identidade do titular polo que deberá presentarse co DNI.

Artigo 5º

É válida en todo o territorio do Estado español segundo a Orde do 17 de xuño de 1997, do Ministerio de Fomento.

Artigo 6º

As tarxetas emitidas pola Comunidade Autónoma de Galicia corresponderanse segundo as titulacións cos modelos e características que se establecen no anexo I da presente orde.

Artigo 7º

As tarxetas de identidade marítima terán unha validez de dez anos a partir da súa data de emisión ou ata que o interesado cumpra setenta anos.

Cumpridos os setenta anos de idade, os interesados deberán renova-las súas tarxetas por períodos de dous anos.

Artigo 8º

As tarxetas das autorizacións federativas emitidas polas federacións galegas habilitadas para o efecto corresponderanse co modelo e características que se establecen no anexo I da presente orde.

Artigo 9º

As tarxetas das autorizacións federativas das correspondentes federacións terán unha validez de dez anos a partir da súa data de emisión.

III. Do procedemento de emisión e renovación de tarxetas.

Artigo 10º

Os interesados que despois de supera-las probas de aptitude segundo o establecido na normativa en vigor, desexen que se lles emita a correspondente tarxeta de identidade, deberán solicitalo por escrito na solicitude do modelo do anexo II xunto coa documentación que se indica para cada unha.

Artigo 11º

A documentación necesaria para a obtención das tarxetas de identidade marítima correspondentes é a que segue:

1. Solicitude debidamente cuberta segundo o modelo do anexo II.

2. Unha fotografía recente tamaño carné, co nome do solicitante escrito no dorso.

3. Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

4. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.

5. Certificado de prácticas, segundo o modelo oficial. Se a tarxeta que se desexa obter inclúe o goberno de embarcacións de vela, no certificado de prácticas deberá constar expresamente tal circunstancia.

6. Certificado de recoñecemento médico, onde conste expresamente que foi realizado de acordo co disposto na resolución da Dirección Xeral da Mariña Mercante do 30 de decembro de 1997.

7. Se o solicitante realizou o exame de aptitude ou as prácticas fóra da Comunidade Autónoma, deberá achegar documentación oficial acreditativa de ter superadas ambas. Se o interesado estivese nalgún dos casos de validación de prácticas previstos no apartado segundo da resolución da Dirección Xeral da Mariña Mercante do 30 de decembro de 1997, achegará o certificado dos días de mar expedido pola autoridade competente de acordo coas normas en vigor. Se o certificado se expedise á vista da licencia de navegación, só se computarán como válidos os dous tercios dos días certificados.

Artigo 12º

A renovación das tarxetas de identidade marítima deberá ser solicitada polos interesados no último semestre da súa vixencia mediante a solicitude do modelo do anexo II xunto coa documentación que se indica.

De solicitarse a súa renovación unha vez caducada, as taxas que se aboarán serán as correspondentes á emisión dunha nova tarxeta.

As tarxetas correspondentes a titulacións anteriores á Orde do 17 de xuño de 1997, renovaranse de acordo co establecido na súa disposición adicional primeira e no apartado segundo (no que é de aplicación) da resolución da Dirección Xeral da Mariña Mercante do 30 de decembro de 1997.

Artigo 13º

A documentación necesaria para á renovación das tarxetas de identidade marítima para embarcacións de lecer é a que segue:

1. Solicitude do interesado segundo el modelo do anexo II.

2. Unha fotografía recente de tamaño carné, co nome do solicitante escrito no dorso.

3. Fotocopia do DNI.

4. Tarxeta orixinal que se vaia renovar.

5. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.

6. Certificado de recoñecemento médico, onde conste expresamente que foi realizado de acordo co disposto na resolución da Dirección Xeral da Mariña Mercante do 30 de decembro de 1997.

Artigo 14º

No caso de extravío, roubo ou destrucción física da tarxeta, poderase expedir un duplicado que manterá a data de caducidade que correspondese ó orixinal.

Na nova tarxeta emitida para substituí-la orixinal, farase constar que é duplicado por perda ou destrucción da orixinal.

Para os efectos do aboamento de taxas, o duplicado terá a consideración dunha renovación.

A emisión do duplicado realizarase despois da solicitude do interesado. A documentación necesaria para a súa solicitude é a que segue:

1. Solicitude do interesado segundo o modelo do anexo II.

2. Unha fotografía recente de tamaño carné, co nome do solicitante escrito no dorso.

3. Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

4. Declaración que faga fe das circunstancias do extravío ou destrucción da tarxeta ou copia da denuncia de roubo onde conste o da tarxeta.

5. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.

6. Se transcorreron máis de cinco anos desde a data de emisión, certificado de recoñecemento médico, onde conste expresamente que foi realizado de acordo co disposto na resolución da Dirección Xeral da Mariña Mercante do 30 de decembro de 1997.

Artigo 15º

As tarxetas serán enviadas ó enderezo indicado polo titular na súa solicitude polo medio que garanta e xustifique a súa entrega. No caso de non ser recollida polo titular será depositada no Rexistro de Titulacións onde este poderá recollela persoalmente o titular.

Artigo 16º

A validación das tarxetas das autorizacións federativas emitidas polas federacións galegas habilitadas, será solicitada pola federación emisora.

A documentación necesaria para a súa solicitude é a que segue:

1. Solicitude de validación onde consten os seguintes datos:

a) Lugar, datas e horario de celebración das probas.

b) Composición do tribunal examinador.

c) Data de emisión da tarxeta.

2. Relación nominal das tarxetas que se validarán onde conste o DNI de cada titular.

3. Xustificante de ingreso das taxas correspondentes ó número de tarxetas que se van validar.

4. Ficha individual de cada titular onde conste o nome, o nº de DNI e a fotografía.

5. Arquivos informáticos dos datos anteriores segundo protocolo que sexa indicado polos servicios correspondentes.

Artigo 17º

A validación directa de titulacións profesionais ou doutra índole polas titulacións náuticas de lecer que corresponda, segundo as normas en vigor, deberán solicitarse por escrito á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, segundo modelo do anexo II. A dita convalidación, no caso de ser aceptada, dará lugar á emisión da correspondiente tarxeta de identidade marítima náutica de lecer.

A documentación necesaria para a súa solicitude é a que segue:

1. Solicitude do interesado segundo modelo do anexo II.

2. Unha fotografía recente de tamaño carné co nome do solicitante escrito no dorso.

3. Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade.

4. Fotocopia compulsada do documento que acredite estar en posesión da titulación na que se basea a validación.

5. Xustificante de aboamento das correspondentes taxas.

6. Fotocopia da cartilla de marítima (sección de recoñecementos médicos) ou certificado de recoñecemento médico onde conste expresamente que foi realizado de acordo co disposto na resolución da Dirección Xeral da Mariña Mercante do 30 de decembro de 1997.

Para os efectos do aboamento de taxas terán a consideración da emisión dunha nova tarxeta.

Artigo 18º

A convalidación de materias que corresponda realizar por estar en posesión de determinadas titulacións profesionais que non dan acceso directo ás titulacións náuticas de lecer deberán solicitarse ó tribunal examinador correspondente á vez que se solicita a inscrición ó exame.

Disposición transitoria

Os interesados que tiveran superados os exames para a obtención das titulacións náuticas de lecer ó abeiro da orde do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións do 31 de xaneiro de 1990,

dispoñen ata o 3 de xullo do 1999 para solicita-la tarxeta correspondente, debendo no caso contrario realiza-las prácticas obrigatorias previstas na orde do Ministerio de Fomento do 17 de xuño de 1997.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 7 de xaneiro de 1997 (DOG do 23 de xaneiro) agás o seu artigo 4º.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a Dirección Xeral de Formación Pesqueira para a publicación daquelas disposicións necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO I

Modelos e características das tarxetas de identidade marítima náuticas de lecer

As tarxetas de identidade marítima náuticas de lecer responderán ó modelo que corresponda coas seguintes características:

Material: PVC (cloruro de vinilo) laminado ou equivalente.

Tamaño: 85,69 mm longo por 53,98 mm de largo.

Grosor: 0,76 mm.

Suxeitas ás normas ISO 7810 y 7811.

Fotografía: integrada por digitalización a cor.

Anverso: fondo azul claro (Pantone 279 C); Impresión en negro.

Reverso: fondo blanco con escudo de Galicia en azul. Impresión en negro.

Nota de restriccións psicofísicas adicionais en vermello.

Atribucións: segundo as establecida na Orde do 17 de xuño de 1997 do Ministerio de Fomento.

4076