O artigo 41 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, establece que o presidente da Autoridade Portuaria será designado e separado polo órgano competente da Comunidade Autónoma.
Para lle dar cumprimento ó disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da Mariña Mercante, o Consello da Xunta de Galicia acordou con data do 5 de marzo de 1998 faculta-lo conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para a designación e separación do presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.
En consecuencia,
DISPOÑO:
Artigo único.-Que cese José Luis Rivera Mallo como presidente da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.
Santiago de Compostela, 20 de abril de 1998.
José Cuíña Crespo
Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
3990