Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 06 de maio de 1998 Páx. 4.804

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1998 pola que se inscribe o Grupo de Estudios de Actualidade (GEA) no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada polo Grupo de Estudios de Actualidade (GEA), con data do 25 de marzo de 1998,

Visto o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro,

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3,

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que o Grupo de Estudios de Actualidade (GEA) quede inscrita no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 084.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 1998.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo

3812