Aprobado inicialmente polo Pleno do Concello na sesión do 24-4-1998 o proxecto de urbanización de apertura e construcción de rúa entre Avda. José Antonio e rúa Pedreira, redactado polo arquitecto Arturo Dapena Barros, exponse a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG, durante o que poderá ser examinado e formula-las alegacións que se consideren pertinentes, de conformidade co disposto polo artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.
A Lama, 27 de abril de 1998.
Jorge Canda Martínez
Alcalde
3377

