Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 06 de maio de 1998 Páx. 4.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a subministración de equipamento informático e industrial con destino ós talleres de artes gráficas, electricidade, metal e madeira, e á cociña e lavandería do colexio Calvo Sotelo. (Expediente 98/2403 da Sección de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de equipamento informático e industrial con destino ós talleres de artes gráficas, electricidade, metal e madeira, e á cociña e lavandería do colexio Calvo Sotelo.

Lugar de execución: colexio Calvo Sotelo.

Prazo de execución: un mes.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 13.982.439 pesetas desagregado en 13 lotes, dos que o lote 7 inclúe o alleamento de equipos usados por valor total de 700.000 pesetas resultando un orzamento final do contrato de 13.282.439 pesetas.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación de cadanseu lote.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 27 de abril de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación da Coruña