Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 06 de maio de 1998 Páx. 4.844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a subministración de libros durante 1998 con destino á biblioteca da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 98/3112 da Sección de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de libros durante 1998 con destino á biblioteca da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de execución: biblioteca provincial.

Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 1998.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: ata 9.000.000 de pesetas.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: non se esixe.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 27 de abril de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación da Coruña

3938