Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 06 de maio de 1998 Páx. 4.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

CONCURSO para edición do libro Alrededor de Ourense.

De conformidade co que acordou a Comisión de Goberno, do dia 18 de marzo de 1998 convócase un concurso para a edición de 3.000 exemplares do libro Alrededor de Ourense, en formato 240 x 320 mm; nº de páxinas: 224; papel: estucado brillo 170 gr; encadernación; cartoné cromo plastificado, e portada con brillo selectivo, camisa: plastificada brillo selectivo na foto da portada, impresa a 4/4

tintas; gardas: papel torreón 120 gr. Por conta da empresa, o orzamento da obra comprenderá:

Dereitos do autor: por traballos de campo e elaboración de textos; ilustracións: 192 transparencias para as seleccións de cor; fotomecánica e filmación de textos; deseño; maquetación; impresión; encadernación, o prazo de entrega a partir da adxudicación do traballo será dun mes desde a formalización do contrato incluído o IVE. O tipo de licitación é de 10.000.000 de pesetas e a fianza provisional é do 2% do tipo de licitación, sendo a definitiva do 4%.

As ofertas e documentación presentaranse 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel que apareza inserido o último anuncio no BOP de Ourense e no Diario Oficial de Galicia, computándose a partir da última publicación, e a apertura de plicas realizarase no Salón de Plenos do Concello ás 12.30 horas do día hábil seguinte, agás sábados e festivos, que será o día seguinte hábil.

Modelo de proposición: Don/a..., provisto de DNI Núm. ..., con domicilio en ..., en nome propio (ou en representación de..., segundo acredita con poder validado que xunta, informado do prego de condicións e demais documentos do expediente, para contratar mediante concurso a subministración de edición do libro Alrededor de Ourense, comprométese a realizalo, coa estricta suxeción ás condicións citadas na cantidade de... pesetas máis..., pesetas en concepto de IVE, dando un total de... pesetas, o que representa unha baixa do...%, sobre o orzamento de contratación.

Xunta tódolos documentos esixidos no prego. Lugar, data e sinatura.

Ourense, 8 de abril de 1998.

O alcalde-presidente

Rubricado

3937