Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Mércores, 06 de maio de 1998 Páx. 4.843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

Aprobouse, consonte o que establece o artigo 4 da Lei 7/1997, do 14 de abril (BOE do 15), pola que se modifica o artigo 21.1º e 22.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, estudio de detalle de iniciativa particular, na rúa Manuel Antonio, s/n, San Cibrao.

Así mesmo, baseándose nestes preceptos legais, aprobouse o proxecto de urbanización de iniciativa particular e que se titula «proxecto de urbanización de espacios non edificados no contorno do edificio da Caosa».

O estudio de detalle e proxecto de urbanización que se reflicten, expóñense ó público polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG, de conformidade co sinalado no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (DOG do 26).

Cervo, 27 de abril de 1998.

Roberto Álvarez Fernández

Alcalde

3818