Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.231

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 24 de abril de 1998 pola que se convocan bolsas para inventario e catalogación de fondos de museos e coleccións relevantes de interese galego.

O Decreto 314/1986, do 16 de outubro, polo que se regula o sistema público de museos da Comunidade Autónoma de Galicia, establece a obriga de tódolos museos de Galicia de confecciona-lo inven

tario e o catálogo das pezas que posúan, como medio para documentalas cientificamente e así poder exercer as funcións que a todo centro destas características lle corresponden.

Por outra banda, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ten atribuída, en aplicación das súas competencias en materia de museos e patrimonio moble, a facultade de velar pola conservación, coidado e adecuado coñecemento dos museos e do patrimonio moble de Galicia, así como a de fomenta-la formación do persoal técnico dos museos, colaborando, na medida das súas posibilidades orzamentarias, para o mellor cumprimento

por estes dos fins e obrigas que lle son propios. Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Convócanse 14 bolsas para inventario e catalogación dos fondos de museos e coleccións relevantes de interese galego, con cargo á aplicación orzamentaria 10.03.357A-481.0, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para 1998. O importe total das axudas en ningún caso excederá do crédito asignado para o efecto.

2. Os bolseiros realizarán os seus traballos en diversos centros museísticos de Galicia e serán dirixidos pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo polos coordinadores, designados para o efecto por aquela.

3. Os traballos terán unha duración de 6 meses a partir da data de incorporación que estableza a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

4. Os bolseiros seleccionados quedarán obrigados a:

-Asistir diariamente durante un mínimo de 5 horas ós centros onde resulten destinados. O horario será o establecido polos servicios técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cutural de acordo co centro de destino.

-A segui-las indicacións técnicas dos coordinadores.

-A entregar ós servicios técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ó finaliza-la bolsa, os inventarios/ catálogos e a memoria explicativa resultado do seu traballo. Na Dirección Xeral de Patrimonio Cultural quedará depositada unha copia e os orixinais devolveranse ó centro onde se realizou o traballo.

Artigo 2º

1. Requisitos dos solicitantes:

-Licenciados universitarios con formación académica nalgunha das seguintes materias: arqueoloxía, etnografía, historia, historia da arte, física, química ou ciencias naturais e con coñecementos de museoloxía.

-Non ter desfrutado, con anterioridade, de 3 ou máis bolsas completas das convocadas por esta Dirección Xeral de Patrimonio Cultural para catalogación de fondos de museos.

2. Os solicitantes deberán optar só por un dos catro campos sinalados no artigo 3º.

3. Presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse conforme o modelo oficial, que figura como anexo I desta orde, no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo ou nas súas delegacións provinciais. O prazo de presentación será de 20 días hábi

les, contados a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Sen prexuízo do establecido no parágrafo anterior, as solicitudes poderán así mesmo presentarse de calquera das formas previstas no artigo 38.4º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Documentación que se presentará:

-Fotocopia do DNI.

-Declaración responsable de non ter emprego remunerado nin desfrutar doutra bolsa ou axuda, calquera que fose esta, situacións que producen incompatibilidade co desfrute da bolsa que nesta orde se convoca.

-Fotocopia compulsada do expediente académico.

-Anexo I debidamente cuberto e fotocopia dos méritos alegados. Só contabilizarán aqueles méritos dos que se aporte proba documental.

Artigo 3º

1. As bolsas serán adxudicadas prioritariamente para os seguintes museos e campos:

* No campo da historia da arte.

-Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside (1 bolsa).

-Museo Municipal de Ourense (1 bolsa).

-Colección Aser Seara (1 bolsa).

-Museo Municipal Quiñones de León (1 bolsa).

* No campo da arqueoloxia.

-Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (1 bolsa).

-Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña (1 bolsa).

* No campo da etnografia.

-Parque Etnográfico do Río Arnoia e Museo do Xoguete (1 bolsa).

-Museo Etnográfico da Limia (1 bolsa).

-Colección etnográfica do Colexio Público Mosteiro de Caaveiro (1 bolsa).

* No campo da ciencia e técnica.

-Instituto de Bacharelato Sánchez Cantón de Pontevedra (1 bolsa).

-Instituto Otero Pedrayo de Ourense (1 bolsa).

2. Reservaranse 3 bolsas para licenciados en historia ou historia da arte, con coñecementos académicos en arqueoloxía, etnografía ou museoloxía, que obtiveran a licenciatura nos anos 1995, 1996 e 1997.

Estas reservas terán destino nos centros que determine a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Os interesados nesta reserva, que será excluínte, deberán facelo constar expresamente na solicitude.

Artigo 4º

O importe da bolsa non excederá da cantidade de 694.444 ptas. cada unha.

Artigo 5º

1. Os correspondentes servicios técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo poderán reclamar, se fose necesario, ós solicitantes que emenden os defectos administrativos apreciados na documentación esixida, de acordo co artigo 71 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, outorgándose un prazo de 10 días, desde o recibo do escrito de requirimento.

2. A avaliación dos méritos alegados, que corresponde á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, farase segundo o seguinte baremo:

-Especialidade en historia da arte: 3 puntos.

-Especialidade en historia ou etnografía: 3 puntos.

-Especialidade en arqueoloxía: 3 puntos.

-Especialidade en museoloxía: 3 puntos.

-Especialidade en ciencias naturais: 3 puntos.

-Especialidade en física/química: 3 puntos.

-Experiencia de traballo remunerado en catálogos e inventario de fondos de museos. Por cada mes: 0,25 puntos. Ata un máximo de 4 puntos.

-Experiencia de traballo non remunerado en museos. Por cada mes: 0,10 puntos. Ata un máximo de 1,20 puntos.

-Cursos de museoloxía e monográficos de historia da arte, arqueoloxía, antropoloxía, etnografía, ciencias naturais, física ou química:

a) Por cursos de menos de 40 horas: 0,10 puntos. Ata un máximo de 1 punto.

b) Por cursos con acreditación expresa de 40 ou máis horas: 0,25 puntos. Ata un máximo de 2 puntos.

c) Por cursos con acreditación expresa de 100 ou máis horas: 0,60 puntos. Ata un máximo de 2,40 puntos.

d) Por cursos con acreditación expresa de 250 ou máis horas: 1,25 puntos. Ata un máximo de 2,50 puntos.

-Asistencia a congresos: 0,10 puntos. Ata un máximo de 1 punto.

-Presentación de comunicacións en congresos: 0,25 puntos. Ata un máximo de 2 puntos.

-Presentación de relatorios en congresos: 0,50 puntos. Ata un máximo de 4 puntos.

-Publicacións relacionadas con museoloxía, historia da arte, arqueoloxía, antropoloxía, etnografía, ciencias naturais, física ou química, impresas antes do remate do prazo de presentacións de solicitudes:

a) Por cada libro publicado: 1 punto. Ata un máximo de 3 puntos.

b) Pola publicación de inventarios ou catálogos: 0,5 puntos. Ata un máximo de 2 puntos.

c) Por cada artigo en revista especializada: 0,25 puntos. Ata un máximo de 2 puntos.

O mesmo mérito só se valorará unha vez : como comunicación, publicación ou asistencia a congresos.

-Doutoramento:

a) Pola realización total dos cursos de doutoramento ou tese de licenciatura: 1,5 puntos.

b) Pola realización da tese de doutoramento: 3 puntos.

-Cursos de galego:

a) Iniciación: 0,5 puntos.

b) Iniciación e/ou perfeccionamento: 1 punto.

-Cursos de informática:

a) Informática en xeral: 0,10 puntos por curso ata un máximo de 1 punto.

b) Informática aplicada ós museos: 0,25 puntos por curso ata un máximo de 1,50 puntos.

Elaborarase unha lista por cada un dos campos ou especialidades, tendo en conta que os méritos específicos alegados só se valorarán no campo o que opte o solicitante.

3. A selección das bolsas reservadas para os licenciados dos anos 1995, 1996 e 1997 efectuarase con base nas cualificacións obtidas en tódolos cursos da licenciatura, resultando seleccionados aqueles solicitantes que obteñan a puntuación máis alta.

4. As listas provisionais de bolseiros faranse públicas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nos das súas delegacións provinciais. O prazo de exposición das listas será de 10 días naturais contados a partir do día seguinte á súa publicación, e durante os cales se poderán facer as alegacións pertinentes.

5. A resolución da convocatoria correspóndelle ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo por proposta do director xeral de Patrimonio Cultural. O acordo farase público, a efectos de notificación ós interesados, nos taboleiros de anuncios da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo e nos das súas delegacións provinciais.

6. A resolución de adxudicación pon fin á vía administrativa, de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir da data de notificación efectiva ós interesados.

7. Unha vez rematado o período de desfrute da bolsa, as persoas non seleccionadas poderán solicita-la devolución da documentación achegada. Transcorrido o prazo dun ano procederase á eliminación da documentación non recollida.

Artigo 6º

O pagamento da bolsa axustarase á normativa orzamentaria de aplicación.

Ós adxudicatarios das bolsas poderáselles requiri-la documentación necesaria para proceder ó pagamento da dita bolsa.

Artigo 7º

1. No caso de que os beneficiarios das bolsas incumprisen algunha das condicións ou obrigas estipuladas na presente orde, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo instruirá expediente sancionador conforme ó previsto na Lei 30/1992 do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e poderá, mesmo, anula-los beneficios concedidos e solicita-la devolución das cantidades percibidas, se as houbese, nos prazos que establece o Regulamento xeral da recadación.

2. Os coordinadores que dirixan os bolseiros poderán propoñerlle á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo a extinción da bolsa por falta de dedicación ou incumprimento das condicións sinaladas.

3. A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo expedirá, logo do informe favorable dos

coordinadores, ó remata-los traballos, certificación acreditativa da prestación dos servicios.

4. As bolsas non implican relación funcionarial nin laboral coa Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, nin compromiso que se estenda máis alá do seu ámbito de duración.

Artigo 8º

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo poderá facer pública unha nova convocatoria en iguais ou diferentes termos, no caso de que as adxudicacións acordadas non cubrisen a totalidade do crédito asignado.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Patrimonio Cultural para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 1998.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

3031