Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.250

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998 pola que se convoca un curso básico para auxiliares de policía local.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1998, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso básico para auxiliares de policía local, segundo o previsto na disposición adicional II da Lei 3/1992, do 23 de marzo, de coordinación das policías locais, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivos dota-los auxiliares de policía local dunha formación teórico-práctica que os capacite para o posterior desempeño da súa actividade profesional.

Destinatarios.

O curso vai dirixido a todas aquelas persoas que sexan contratadas para desenvolve-la función de auxiliar de policía local durante a temporada de verán, nos concellos de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta, debéndose comunicar esta, antes do 27 de

maio de 1998 para efectua-la correspondente reserva de praza.

Prazas.

Sen límite.

Solicitudes.

1. Os concellos que se atopen nesta situación deberán remitir un escrito á Academia Galega de Seguridade, solicitando a participación no curso, no que figure a lista de persoas que van ser contratadas como auxiliares de policía local; para efectua-la correspondente reserva de praza para a realización do devandito curso.

2. O prazo para a remisión de escritos rematará o día 27 de maio de 1998.

3. Os escritos deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada.

Contido e duración.

O curso celebrarase en sesións de mañá e tarde, de luns a venres, e nel trataranse entre outras as seguintes materias:

-Intervención policial.

-Tráfico e seguridade vial.

-Policía administrativa.

-Primeiros auxilios.

-Dereito penal.

-Dereito procesual-penal.

O curso terá unha duración de 10 días, cun total de 70 horas lectivas.

Lugar.

O curso desenvolverase na Academia Galega de Seguridade, sita na Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada.

Datas.

O curso desenvolverase do 1 ó 12 de xuño de 1998, en horario de 10 a 14 horas e de 17 a 20 horas.

Certificado.

Para obte-lo correspondente diploma será requisito indispensable supera-la fase de formación teórica, onde o alumno ten que superar tódalas materias que figuran no programa.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1998.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

4397