Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Xoves, 14 de maio de 1998 Páx. 5.251

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1998 pola que se convocan dous cursos sobre actualización en materia de tiro.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1998 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración de dous cursos sobre actualización en materia de tiro, que deberán desenvolverse conforme ás seguintes bases:

Obxectivos.

Os cursos teñen por obxectivos a formación básica en materia de armamento, o estudio da arma regulamentaria, a súa conservación, limpeza e mantemento e conseguir un adecuado nivel de destreza no manexo das armas e no tiro policial.

Destinatarios.

Os cursos van dirixidos ós membros dos corpos das policías locais de Galicia e membros da unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia e, no caso de quedaren prazas vacantes, os membros do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán en cada curso será de 20.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 2 de xuño, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas; será esto requisito indispensable para ser admitido nos cursos; o incumprimento deste requisito implicará á non admisión ó devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

Os cursos celebraranse en sesións de tarde, de luns a venres, e neles trataranse, entre outros, os seguintes temas:

Parte teórica.

a) Normas de seguridade con armas de fogo.

b) Estudio das armas regulamentarias. Pistola-revólver.

-Pistola: clases. Mecánica funcional. Canón fixo e canón móbil.

-Revólver: partes, mecanismos e sistemas que o integran. Mecánica funcional.

-Cartuchería:

* O proxectil e as súa clases. A efectividade dos proxectís. Enerxía cinética. Poder de penetración. Poder de parada. Influencia da deformación e da velocidade.

* Cartuchos especiais:

Munición KTW.

Munición QUICK DEFENSE.

Munición SHORT STOP.

Munición HYDRA SHOK.

Munición SAFETY SLUG (Glaser).

Munición T.H.V.

Munición DYNAMIT NOBEL ACTION.

Munición SAFETY GECO.

-Coidado das armas. Pistola e revólver.

-Avarías e interrupcións máis frecuentes. Limpeza, coidado e conservación.

Parte práctica.

Regras e medidas de seguridade.

-Tiro policial. Empuñamento a unha e dúas mans.

-Tiro instintivo e defensivo, a unha e dúas mans.

-Técnicas de desenfunde.

Datas.

Os cursos celebraránse nas seguintes datas:

1º curso: do 15 ó 19 de xuño de 1998.

2º curso: do 22 ó 26 de xuño de 1998.

O horario será de 16 a 20 horas do serán.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 9 de xuño no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (986) 59 00 21.

Lugar.

Os cursos desenvolveránse no campo de tiro da federación sito en Bando, en Santiago de Compostela.

Certificado de asistencia.

Ó remate de cada curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, implicará a non expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adapta-los ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1998.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

4475