Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.322

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de mobles e obxectos decorativos da provincia de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do comercio de mobles e obxectos decorativos (código 2700195), da provincia de Lugo, asinado o día 9 de marzo de 1998, pola representación da Asociación Empresarial de Comercio de Mobles e Obxectos Decorativos e das centrais sindicais UGT (40%) e CIG (40%), e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial acorda:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 1 de abril de 1998.

José María Fernández Olea

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo de comercio de mobles e obxectos decorativos

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

As estipulacións do presente convenio colectivo sindical de traballo, obrigan á totalidade das empresas e traballadores, dedicados ó comercio de mobles e obxectos decorativos.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Este convenio será de aplicación obrigatoria a toda a provincia de Lugo, e afectará a tódolos centros de traballo situados nela, aínda cando as empresas tiveran o seu enderezo social fóra e os traballadores trasladados a esta.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

A vixencia do presente convenio será do 1 de xaneiro de 1996 ó 31 de decembro de 1997.

Artigo 4º.-Denuncia.

O convenio, salvo no referente á táboa salarial, prorrogarase en iguais termos por períodos anuais ó non denunciarse, por calquera das partes, cunha antelación de trinta días á data de finalización do mesmo.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

As condicións que se establecen neste convenio son compensables e absorbibles en cómputo anual, conforme a lexislación vixente, respectándose as situación en igual forma.

Réxime de traballo.

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 40 horas semanais: en inverno, pola mañá de luns a sábado de 9.45 a 13.30 horas, pola tarde de luns a venres de 16 a 19.30; en verán, pola mañá de luns a sábado de 9.45 a 13.30 horas, pola tarde de luns a venres de 16.30 a 20 horas.

Entendéndose o horario de inverno do 15 de setembro ó 15 de maio, ambos inclusive.

Artigo 7º.-Vacacións.

O persoal comprendido no presente convenio, desfrutará dun período anual de vacacións mínimo de trinta días naturais.

A retribución correspondente ó período de vacacións estará constituída polo salario base, plus de transporte e antigüidade, que corresponde a cada categoría profesional, de acordo co cadro de salarios que figura anexo ó presente convenio.

Artigo 8º. Inasistencia retribuída.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguintes, iso sen prexuízo do disposto no Estatuto dos traballadores en materia de permisos e licencias retribuídas:

a) Dezasete días naturais en caso de matrimonio.

b) Catro días nos casos de enfermidade grave dos pais, irmáns, cónxuxe e fillos.

c) Dous días nos casos de enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, por tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

d) Un día por traslado de domicilio habitual.

e) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado rexerá o que dispoña en canto a duración da ausencia e a súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo en máis do vinte por cento das horas laborables nun período de tres meses, poderá a empresa pasar ó traballador afectado á situación de excedencia regulada no apartado 1 do artigo 46 desta lei.

No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, percibirá unha indemnización, descontarase o importe da mesma do salario a que tivera direito na empresa.

f) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

g) Seis días naturais por nacemento de fillos.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividirse en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade.

Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desempeñe outra actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre polo menos un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Réxime económico.

Artigo 9º.-Salario base.

Comprende as retribucións que, en xornada normal de traballo, figuran na táboa salarial anexa. Tódolos salarios do presente convenio para o ano 1996 foron incrementados nun 3,2% sobre as táboas, ficando establecidos segundo consta na táboa de salarios anexa.

Os salarios para o ano 1997, que figuran na táboa salarial anexa, calculáronse aplicando unha porcentaxe do 2,6% de incremento.

Complementos salariais.

Artigo 10º.-Aumentos periódicos por anos de servicios na empresa.

O persoal comprendido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio na empresa, consistentes no aboamento de cuadrienios na contía que figura, para cada categoría profesional, na táboa de retribucións vixente en cada vencemento.

Cada cuadrienio aboarase, a razón do importe que figure, para cada categoría profesional, nas táboas de retribucións, no momento do vencemento, con carácter fixo, ata o transcurso do tempo fixado para que se cumpra outro cuadrienio, que se aboará, igualmente, ó importe indicado nas táboas de retribucións, para cada categoría profesional, a dita cantidade acumularase á que tivera recoñecida con anterioridade polo concepto sinalado de aumentos periódicos por anos de servicio na empresa.

A todo o persoal afectado polo presente convenio, recoñeceráselle a cantidade que teña acreditada polo concepto de antigüidade, ata a entrada en vigor do presente convenio. Cantidade que manterá fixa e á que haberá de ir acumulando, en cada momento, os importes dos cuadrienios que se vaian adquirindo, no transcurso do tempo, calculados de acordo co que se estipula no presente artigo.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias do Nadal e 25 de xullo serán equivalentes ó importe dunha mensualidade cada unha. Aboaranse nas datas seguintes:

-A de 25 de xullo, o día laborable inmediatamente anterior a esta data.

-A do Nadal, o 22 de decembro, e se este fora festivo, o día laboral inmediatamente anterior a esa data.

Tales gratificacións calcularanse a razón de salario base mensual de convenio, máis as cantidades que teñan acreditadas por aumentos periódicos por anos de servicio. O importe das ditas gratificacións será rateable en proporción ó tempo traballado durante o ano, computándose como tal o correspondente a enfermidade xustificada, accidente de traballo, vancacións e permiso retribuídos.

Así mesmo, o persoal que levase dous anos prestando servicios na empresa, ó tempo de ser incorporado ó servicio militar, ten dereito a percibir, como se estivese presente no traballo, o importe das ditas gratificacións.

Artigo 12º.-Gratificacións para participación en beneficios.

O importe da gratificacióin por participación e beneficios será como mínimo, de trinta días de salario base mensual de convenio, máis as cantidades que teñan acreditadas por aumentos periódicos por anos de servicio.

A dita gratificación aboarase dentro do primeiro trimestre do ano. O importe da dita gratificación será rateable en proproción ó tempo traballado durante o ano, computándose como tal o correspondente a enfermidade xustificada, accidente de traballo, vacacións e permisos retribuídos.

Así mesmo, o persoal que levase dous anos prestando servicios na empresa ó tempo de ser incorporado ó servicio militar, ten dereito a percibir, como se estivese presente no traballo, o importe da dita gratificación.

Indemnizacións non salariais.

Artigo 13º.-Promoción cultural.

Con esta finalidade, as empresas aboaranlles ós seus traballadores media mensualidade por ano. O seu aboamento efectuarse dentro da primeira quincena do mes de outubro, e a súa contía será a de quince días de salario basa e máis as cantidades que teñan acreditadas por aumentos periódicos por anos de servicio. A dita mensualidade non será cotizable para efectos de Seguridade Social e accidentes de traballo.

Artigo 14º.-Incapacidade laboral transitoria.

As empresas complementarán as prestacións por ILT ata o 100% de salario real nos seguintes casos:

a) Hospitalización do traballador, desde que se inicie ata que remate.

b) Accidente de traballo e enfermidade profesional, desde o día seguinte ó de inicio da baixa.

Artigo 15º. Axuda por xubilación.

As empresas concederán un complemento de xubilación a aqueles traballadores que, con dez anos de antigüidade, como mínimo, na empresa, se xubilen voluntariamente, durante a vixencia do presente convenio. A súa contía irá en función da seguinte escala:

-Por xubilación voluntaria ós 60 anos, 12 mensualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 61 anos, 11 mensualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 62 anos, 10 mensualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 63 anos, 9 mensualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 64 anos, 8 mensualidades.

-Por xubilación voluntaria ós 65 anos, 6 mensualidades.

As ditas mensualidades serán calculadas sobre o salario base.

Para a súa percepción, haberán de solicitarse no prazo de tres meses dentro do cumprimento da idade correspondente.

As mencionadas axudas só se concederán a aqueles traballadores que non se acollan ós beneficios determinados no Real decreto 14/1981.

Artigo 16º.-Xubilación voluntaría ós 64 anos.

De conformidade co Real decreto 14/1981, e para o caso de que os traballadores incluídos no ámbito persoal do presente convenio colectivo de traballo, con 64 anos cumpridos, desexen acollerse á xubilación co 100% dos dereitos, as empresas afectadas por este convenio, obríganse a concede-la dita xubilación, e, ó amparo do citado Real decreto 14/1981, substituír cada traballador xubilado, por outro traballador, ben perceptor do seguro de desemprego ou xove demandante do primeiro emprego, mediante un contrato de igual natureza ó extinguido.

No suposto sinalado no parágrafo precedente, o traballador xubilado ó amparo do Real decreto 14/1981 non terá dereito á axuda por xubilación determinada no artigo 15º do presente convenio colectivo de traballo.

Artigo 17º.-Sobresoldo de transporte.

Establécese un sobresoldo de transporte urbano para o ano 1996 na contía de 260 ptas. por día efectivamente traballado para tódalas categorías; o dito sobresolto aboarase tamén durante as vacacións a razón de 260 ptas. día laborable. Durante 1997, a contía será de 267 ptas.

Artigo 18º.-Quebranto de moeda.

Aqueles traballadores que, habitualmente, teñan a responsabilidade de efectuar operacións monetarias, en moeda de curso legal, fóra da empresa, terán unha compensación económica durante o ano 1996

de 3.205 ptas. por quebranto de moeda. Durante 1997, a contía será de 3.288 ptas.

Artigo 19º.-Delimitacións das funcións do conductor.

Chófer de primeira é o traballador que, cos coñecementos e permisos necesarios, conduce vehículos para os que, para o seu manexo, se esixe permiso de conducir de primeira especial ou primeira, coida da conservación do mesmo, debendo repara-las pequenas avarías, tanto en rota como no garaxe, transporta, reparte, cobra e factura as mercadorías de acordo coas instruccións que reciba, debendo participar na carga e descarga.

Chofer de segunda é o traballador que, cos coñecementos e permisos necesarios, conduce vehículos para os que, para o seu manexo, se esixe o permiso de conducir de segunda ou terceira clase, coida da conservación do mesmo, debendo repara-las pequenas avarías, tanto en rota como en garaxe, transportea, reparte, cobra e factura as mercadorías de acordo coas instruccións que reciba, debendo participar na carga e descarga.

O conductor de primeira terá a categoría de oficial de primeira e o de segunda de oficial de segunda.

Artigo 19º (bis).

Os conductores ós que como consecuencia de conducir un vehículo da empresa se lles retire o seu permiso de conducir, a empresa comprometerase a ocupalos noutro servicio da mesma, por tempo non superior a tres meses, aínda que sexa de categoría profesional inferior, percibindo o salario correspondente á súa categoría.

O disposto no presente artigo non será de aplicación no suposto de reincidencia dentro da vixencia do convenio; quedan excluídos deste beneficio os conductores que se viran privados do permiso de conducir como consecuencia da inxestión de bebidas alcohólicas.

Artigo 20º.-Comisión mixta paritaria.

Constituirase un comité mixto paritario entre as partes asinantes deste convenio. O citado órgano -integrado por seis representantes da asociación empresarial asinante, tres de UGT e tres da CIG, igualmente asinantescumprirán as funcións de aplicación do pactado, así como do seu seguimento. En caso de non chegarse a acordo na dita comisión, ámbalas partes sométense á competencia do Servicio de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e xurisdicción competente.

Artigo 21º.-Póliza de seguros.

As empresas suxeitas a este convenio contratarán, unha vez publicado este convenio no BOP ou Diario Oficial de Galicia, a favor dos seus traballadores un seguro que cubra os riscos de invalidez permanente, nos graos de total, absoluta e grande invalidez, e morte, derivados de accidente de traballo, nas contías que se indican. Os incrementos que se establecen nas ditas contías con respecto o convenio anterior terán efectos a partir dos trinta días da publicación do convenio no BOP ou Diario Oficial de Galicia.

-Morte: 2.500.000 ptas.

-Invalidez permanente: 3.000.000 de ptas.

Artigo 22º.-Dereitos sindicais.

As empresas comprendidas neste convenio comprométense a respecta-lo pleno exercicio da liberdade sindical, tal e como sinala a Lei orgánica de liberdade sindical e demais lexislación vixente, e concretamente a:

-Non discrimina-los delegados de persoal e membros do comité de empresa na súa promoción económica ou profesional por causa ou razón de desempeño da súa representación.

-Neste sentido, poderán exerce-la liberdade de expresión no interior da empresa nas materias propias da súa representación, podendo publicar ou distribuír, sen perturba-lo normal desenvolvemento do proceso productivo, aquelas publicacións de interese laboral ou social.

-Nas empresas de ata 100 traballadores, os delegados de persoal terán dereito a un crédito de 180 horas sindicais, en cómputo anual, e retribuídas conforme o establecido no Estatuto dos traballadores. As ditas horas poderán desfrutarse nun número máximo de 16 horas mensuais, sen que poida excederse do cómputo anual sinalado.

-No suposto de formar parte da comisión negociadora do convenio seralle facilitado permiso para asistir ás reunións que para o efecto se convoquen, sen que as ditas horas sexan computadas dentro do crédito ordinario.

Artigo 23º.-Axudas de custo.

Aqueles traballadores comprendidos neste convenio percibirán por este concepto a partir da súa publicación no BOP ou Diario Oficial de Galicia as seguintes cantidades:

-Axuda de custo completa: 3.300 ptas.

-Media axuda de custo: 1.682 ptas.

Artigo 24º.-Contratación eventual do artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores.

No uso da posibilidade prevista no artigo 1.4º da Lei 63/1997, no ámbito de aplicación do presente convenio poderanse concertar os contratos eventuais previstos no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995 cunha duración máxima de trece meses e medio dentro dun período de 18 meses. No caso de concertarse tales contratacións por prazo inferior a trece meses e medio, poderán ser prorrogadas mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

A posibilidade de concertar contratos eventuais coa duración máxima prevista no presente artigo non poderá empregarse para o caso dos contratos concertados por tempo inferior a 12 horas á semana ou 48 horas ó mes.

Disposición derradeira

Única.-O pagamento dos atrasos ós que haxa lugar como consecuencia da publicación do presente convenio, farase efectivo no prazo de 30 días contados a partir da publicación o do presente convenio no BOP de Lugo ou Diario Oficial de Galicia.

Táboa salarial convenio comercio de mobles e obxectos decorativos

Vixencia 1-1-1996 ó 31-12-1996

Categoría profesionalSoldo basePlus

transporte

Retribuc.

anual (1)

Cuadrienios

mensuais (2)

Persoal Merc. Técn. non titulado e persoal Merc. propiamente dito

Xefe de persoal, compras, vendas e encargado xeral101.1222601.645.1315.052
Xefe de almacén e similares93.9612601.534.1364.698
Encargado establecemento-vendedor88.4812601.449.1964.404
Corredor de praza-viaxante86.7952601.423.0634.326
Dependente87.6412601.436.1764.380
Dependente maior96.4892601.573.3204.817
Axudante75.8422601.253.2913.787

Persoal administrativo Téc. non titulado e persoal administrativo propiamente dito

Contable, caixeiro ou taquimecanógrafo88.9032601.455.7374.440
Oficial administrativo87.6412601.436.1764.381
Auxiliar administrativo87.6382601.436.1294.367

Persoal de servicio e actividades auxiliares

Escaparatista90.1682601.475.3444.511
Xefe de taller86.3762601.416.5684.320
Oficial de 1ª87.6412601.436.1764.382
Oficial de 2ª85.1122601.396.9764.258
Axudante ou mozo especializado79.6312601.312.0213.966
Mozo75.8412601.253.2763.781

Persoal subalterno

Cobrador84.6902601.390.4354.226
Persoal de limpeza (ptas./hora)44721

(1) O plus de transporte anual está calculado en función de 299 días laborables (incluídas vacacións) de luns a venres.

(2) Antigüidade de vencemento durante a vixencia destas táboas.

Táboa salarial convenio comercio de mobles e obxectos decorativos

Vixencia 1-1-1997 ó 31-12-1997

Categoría profesionalSoldo basePlus

transporte

Retribuc.

anual (1)

Cuadrienios

mensuais (2)

Persoal Merc. Técn. non titulado e persoal Merc. propiamente dito

Xefe de persoal, compras, vendas e encargado xeral103.7512671.687.9745.183
Xefe de almacén e similares96.4042671.574.0954.820
Encargado establecemento-vendedor90.7822671.486.9544.519
Corredor de praza-viaxante89.0522671.460.1394.438
Dependente89.9202671.473.5934.494
Dependente maior98.9982671.614.3024.942
Axudante77.8142671.285.9503.885

Persoal administrativo Téc. non titulado e persoal administrativo propiamente dito

Contable, caixeiro ou taquimecanógrafo91.2142671.493.6504.555
Oficial administrativo89.9202671.473.5934.495
Auxiliar administrativo89.9172671.473.5474.481

Persoal de servicio e actividades auxiliares

Escaparatista92.5122671.513.7694.628
Xefe de taller88.6222671.453.4744.432
Oficial de 1ª89.9202671.473.5934.496
Oficial de 2ª87.3252671.433.3714.369
Axudante ou mozo especializado81.7012671.346.1994.069
Mozo77.8132671.285.9353.879

Persoal subalterno

Cobrador86.8922671.426.6594.336
Persoal de limpeza (ptas./hora)45922

(1) O plus de transporte anual está calculado en función de 299 días laborables (incluídos vacacións) de luns a venres.

(2) Antigüidade de vencemento durante la vixencia destas táboas.

4242