Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.322

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso 02/0004946/1998, interposto por Canal Dous, S. Coop.

Para os efectos de lle dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso interposto por Canal Dous, S. Coop. contra resolución, por delegación (Orde do 15 de decembro de 1997) da Secretaría Xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, do 16 de febreiro de 1998, que desestima o recurso ordinario interposto do 8 de xaneiro de 1998, contra o acordo da mesa de contratación do 15 de decembro de 1997, sobre inadmisión ó procedemento de contratación da xestión indirecta do servicio de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, esta consellería resolve ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazados para que poidan comparecer nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días, segundo dispón o artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativo, reformada pola Lei 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1998.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo

3504