A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 22 de abril de 1998, aprobou a contratación mediante concurso para a adquisición dunha rozadora con destino á zona rural. Polo presente anún
ciase a licitación conforme as seguintes características:
1.-Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Concello de Lugo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.
2.-Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: a adquisición dunha rozadora con destino á zona rural coas características mínimas que se especifican na cláusula primeira do prego de condicións.
d) Prazo de engrega (meses): o prazo máximo será de 30 días naturais contados a partir da data de notificación da adxudicación.
3.-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4.-Orzamento base de licitación.
Importe total: o presente contrato financiarase a través dun leasing, o seu prazo será o ofertado polos licitadores, tendo como importe máximo a cantidade de 117.500 pesetas por 48 mensualidades.
5.-Garantías.
Provisional: 100.000 ptas.
6.-Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Concello de Lugo, Servicio de Contratación.
b) Domicilio: Quiroga Ballesteros, s/n.
c) Localidade e c.p.: Lugo, 27001.
d) Teléfonos: (982) 29 71 43 e 29 71 86.
e) Telefax: (982) 29 71 03.
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.
7.-Requisitos específicos do contratista.
b) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.
8.-Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 26 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula sétima do prego de condicións técnico-administrativas.
c) Lugar de presentación:
1ª Entidade: Concello de Lugo, oficina de rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.
2ª Domicilio: praza Maior, s/n.
3ª Localidade e C.P.: Lugo, 27001.
d) Praza durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.
e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores coiden convenientes.
9.-Apertura das ofertas.
a) Entidade: Concello de Lugo.
b) Domicilio: praza Maior, 1.
c) Localidade: Lugo.
d) Data: na primeira reunión da Xunta de Compras que se celebre posterior ó remate do prazo de presentación de proposicións.
10.-Outras informacións: as que se recollen nos pregos de condicións.
11.-Gastos dos anuncios: serán por conta do contratista adxudicatario.
Lugo, 29 de abril de 1998.
José A. Mourelle Cillero
Vicesecretario habilitado
Joaquín Mª García Díez
Alcalde
3671