Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Venres, 15 de maio de 1998 Páx. 5.362

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

EDICTO.

O Pleno do Concello, na sesión ordinaria do 28 de xullo de 1997, aprobou inicialmente o proxecto de modificación do plan parcial do polígono industrial de Vilanoviña, parroquia de Paradela, promovido por EXPANO, S.L. e Ramiro Martínez, S.L.

Ó se incorporaren determinacións substanciais respecto á documentación inicial exposta ó público expoño de novo o expediente na secretaría do concello durante o prazo dun mes desde a publicación deste anuncio no Diario de Pontevedra, no Diario Oficial de Galicia e no BOP. O cómputo do prazo iniciarase a partir da data da última publicación.

Meis, 21 de abril de 1998.

Jorge Casal Pintos

Alcalde

4447