Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.870

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 145/1998, do 15 de maio, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica, a 15/20 kV, C.T. e R.B.T. en Muíños, concello de Irixoa, provincia da Coruña. (Expediente 96/101-1).

Hidroeléctrica del Zarzo, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na r/ Mancebo, nº 6, Pontedeume-A Coruña, solicitou da Consellería de Industria e Comercio, a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da L.M.T. aérea a 15/20 kV, con conductor LA-56, de 904 m de lonxitude, co orixe na L.M.T. Abroa Caselas e final no C.T. que se vai instalar en Muíños, afectando no seu percorrido ó termo municipal de Irixoa (A Coruña). (Expediente 96/101-1).

A dita instalación autorizouse, declarouse de utilidade pública e aprobouse o seu proxecto de execución, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 5-12-1996, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 16-1-1997, no BOP da Coruña do 17-1-1997, e no BOE do 8-1-1997.

A solicitude de urxente ocupación fíxose e tramitouse de acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 19-8-1997, no BOP da Coruña do 28-7-1997, no xornal El Ideal Gallego do 11-7-1997, e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Irixoa e no da delegación provincial, ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Durante o período en que se someteu a trámite de información pública recibiuse escrito de Julio Díaz Pereira, propietario do predio nº 2, no que solicita que a empresa beneficiaria se poña en contacto con el para unha posible negociación.

O escrito foi remitido á empresa beneficiaria, que contestou xuntando escrito enviado ó alegante refe

rente a intentos previos de chegar a un acordo amigable.

Tendo en conta que, con anterioridade, a empresa beneficiaria lle ofertou ó devandito propietario, por dúas veces, acordo amigable e que foi rexeitado, estímase que non existe obstáculo legal que impida a tramitación do expediente para a declaración da urxente ocupación do predio afectado.

Unha vez practicada, por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar, segundo certificado emitido ó respecto, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume, non se dan as limitacións previstas no artigo 56 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, que reitera as sinaladas no artigo 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e que é aplicable a este expediente en virtude do establecido no apartado 2 da disposición transitoria segunda da devandita Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, nin lle son de aplicación as prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, respectivamente.

Considérase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Hidoeléctrica del Zarzo, S.A., xa que con esta liña se pretende mellora-la subministración de enerxía eléctrica nos sectores de influencia, debido ás numerosas reclamacións presentadas por cortes e deficiente subministración, aumentando deste xeito a seguridade para as persoas e bens, e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible atende-lo servicio demandado coa celeridade debida.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de maio de mil novecentos noventa e oito.

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co establecido polo artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, declárase a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola servidume de paso da liña eléctrica, a 15/20 kV, C.T. e R.B.T. en Muíños (expediente 96/101-1) proxectada e proposta por Hidroeléctrica del Zarzo, S.A. cos efectos e alcance previstos nos artigos 55 e 57 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Irixoa (A Coruña) e son tódolos que figuran na relación presentada

pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, quince de maio de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

4844