Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.871

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 146/1998, do 15 de maio, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica, a 20 kV, Duomes, Vilar de Suso a Portolar, San Román, concello da Baña, provincia da Coruña. (Expediente 96/38-1).

Unión Eléctrica Fenosa, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na r/ Severo ochoa, nº 2, 15008, A Coruña, solicitou da Consellería de Industria e Comercio, a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da L.M.T. aéreo-subterránea a 20 kV, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, baixo tubo, de 565 m de lonxitude, co orixe na subestación de Negreira e final no apoio nº 1 da liña Duomes-Vilar de Suso na súa parte subterránea e sobre apoios de formigón, con conductor LA-110, de 3.285 m de lonxitude, co orixe no apoio nº 1 da anterior e final no apoio nº 55 da liña Portolar-San Román, afectando no seu percorrido ó termo municipal da Baña (A Coruña). (Expediente 96/38-1).

A dita instalación autorizouse, declarouse de utilidade pública e aprobouse o seu proxecto de execución, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 14-6-1996, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 12-8-1996, no BOP da Coruña do 10-8-1996, e no BOE do 10-8-1996.

A solicitude de urxente ocupación fíxose e tramitouse de acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 2619/1996, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola disposición transitoria primeira da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 13-2-1997, no BOP da Coruña do 17-2-1997, no xornal El Correo Gallego do 19-2-1997, e no tabo

leiro de anuncios da Casa do Concello da Baña e no da delegación provincial, ó mesmo tempo na forma regulamentaria notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación, agás o titular do predio nº 60, o que por ser de enderezo descoñecido, se deu traslado das actuacións ó Ministerio Fiscal, de conformidade co disposto no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

Durante o período en que se someteu a trámite de información pública recibíronse as seguintes alegacións:

1) Cándido García Lueiro, propietatio do precio nº 6 e representante da propietaria do predio nº 11/1, expón que os seus apelidos figuran de forma incorrecta na relación de bens e dereitos publicada, polo que solicita a súa rectificación.

2) Alfonso Manuel Reino Martínez fai constar que non é o propietario do predio nº 13, da que figura como representante dos propietarios. Con posterioridade ponse en contacto coa empresa beneficiaria informando do nome dos titulares do predio que son notificados mediante escrito con data do 22-4-1997.

3) Dolores Eiras Suárez declara se-la propietaria do predio nº 14 que aparece na relación de bens e dereitos publicada a nome de Filomena Eiras Tomé. Tamén solicita a inclusión na expropiación do predio nº 36, que non aparece proposto, xa que o citado predio está dentro e unida o predio nº 37.

4) Clara Eiras Suárez declara se-la propietaria do predio nº 39, que non aparece proposta na relacións de bens e dereitos publicada.

5) Elisa Forján Silva fai consta-la súa condición de representante dos distintos propietarios dos predios nº 41, 59 e 64, así como a súa condición de usufructuaria do predio nº 59.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria, que procederá a corrixi-los erros cometidos e a ter en contra os datos presentados polos alegantes.

Unha vez practicada, por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar, segundo certificado emitido ó respecto, que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume, non se dan as limitacións previstas no artigo 56 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, que reitera as sinaladas no artigo 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e que é aplicable a este expediente en virtude do establecido no apartado 2 da disposición transitoria segunda da devandita Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico nin lle son de aplicación as prohibicións e limitacións dos artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, respectivamente.

Considérase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica Fenosa, S.A., xa que con esta liña se pretende mellora-la subministración de enerxía eléctrica nos sectores de influencia, debido ás numerosas reclamacións presentadas por cortes e deficiente subministración, aumentando deste xeito a seguridade para as persoas e bens, e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible atende-lo servicio demandado coa celeridade debida.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día quince de maio de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co establecido polo artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, declárase a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola servidume de paso da liña eléctrica, a 20 kV, Duomes, Vilar de Suso a Portolar, San Román (expediente 96/38-1) proxectada e proposta por Unión Eléctrica Fenosa, S.A. cos efectos e alcance previstos nos artigos 55 e 57 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal da Baña (A Coruña) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, quince de maio de mil novecentos noventa e oito

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

4845