Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Venres, 29 de maio de 1998 Páx. 5.873

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

ORDE do 19 de maio de 1998 sobre axudas á promoción e comercialización de productos agrarios e agroalimentarios galegos.

É cada día maior a importancia que a manipulación-transformación e comercialización dos productos agrarios teñen no conxunto da economía agraria. As tendencias actuais do mercado inclínanse cara ó consumo de productos transformados e as esixencias aumentan en canto á normalización, presentación comercial e calidade dos productos.

Galicia é unha rexión altamente productora de materias primas do sector agrario, das que boa parte son exportadas a outras rexións para a súa manipulación ou transformación coas conseguintes perdas de valor engadido.

Por todo isto, de acordo co disposto no artigo 30.I.3º do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa de aplicación,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

A presente orde ten por obxecto regula-las axudas que concederá a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria ós investimentos para a promoción e comercialización de productos agrarios e agroalimentarios galegos para 1998.

Artigo 2º.-Actividades subvencionables e beneficiarios.

1. Considéranse subvencionables os investimentos, excluídos impostos recuperables, realizados nas seguintes actividades e sempre que se inicien dentro do presente exercicio orzamentario:

a) Promoción e mellora da comercialización.

-As actuacións xenéricas de promoción e mellora da comercialización de productos agrarios e agroalimentarios galegos, promovidas por consellos reguladores de productos con denominación de orixe e específica así como por asociacións e agrupacións de productores e de industrias agrarias cando estean asociadas para colaborar na mellora da calidade dun producto.

-Excepcionalmente, tamén serán subvencionables as campañas e programas de promoción e mellora da comercialización, promovidas conxuntamente por varias empresas do sector non vinculadas accionarialmente.

b) Feiras e certames comerciais.

-A organización de feiras e certames do sector agrario e agroalimentario en Galicia, excluídas as concernentes a concursos, exposicións e feiras de gando e sempre que estean promovidas por consellos reguladores e agrupacións de productores e de industrias agrarias cando estén asociados para colaborar na mellora da calidade dun producto, así como por outras entidades sen ánimo de lucro con carácter xeral.

-A participación en feiras e certames comerciais de industrias agroalimentarias galegas así como das agrupacións e asociacións de productores e industrias.

c) Estudios.

-Os de investigación e prospección de mercados e de mellora do proceso de comercialización de pro

ductos agrarios e agroalimentarios galegos, incluíndo os de conxuntura, perspectivas e evolución do sector que incidan no aspecto comercial.

Admítense como solicitantes os consellos reguladores e as agrupacións de productores e de industrias agrarias, cando estean asociadas para colaborar na mellora da calidade dun producto.

d) Programas.

-Os que teñan como obxectivo o fomento da normalización, tipificación e mellora e control da calidade dos productos agrarios e agroalimentarios galegos.

Poderán ser beneficiarios neste apartado os consellos reguladores e as agrupacións de productores e de industrias agrarias cando estean asociadas para colaborar na mellora da calidade dun producto.

2. Poderase solicitar axuda para a realización de varias das citadas actividades nun único expediente sempre que exista unha unidade de obxectivo en todas elas.

Artigo 3º.-Contía das axudas.

A contía das axudas, que terán o carácter de subvención directa, queda establecida como segue:

1. Campañas de promoción de productos agrarios e agroalimentarios galegos:

Establécese unha porcentaxe de axuda básica de ata o 50% do investimento. Esta porcentaxe poderá verse incrementada ata nun 25% adicional cando se trate de productos procedentes das pequenas e medianas empresas ou explotacións conforme o disposto no encadramento das axudas nacionais para publicidade de productos agrarios (DOCE 87/C 302/06).

2. Feiras e certames comerciais:

-Asistencia:

* En Galicia: ata un 30% dos gastos subvencionables cun máximo de axuda de 200.000 ptas.

* No resto de España: ata un 40% dos gastos subvencionables cun máximo de axuda de 500.000 ptas.

* No estranxeiro: ata un 40% dos gastos subvencionables cun máximo de axuda de 750.000 ptas.

-Estas porcentaxes poderanse incrementar ata nun 10% no caso de consellos reguladores e agrupacións e asociacións de productores e industrias agrarias.

-Neste apartado terán a consideración de gastos subvencionables os correspondentes a: gastos de stand (aluguer, decoración, etc.), traslado de productos, actividades de promoción complementarias e gastos de ata dúas azafatas, ou ben de desprazamento e aloxamento dun máximo de dúas persoas por entidade solicitante. No relativo a gastos de per

soal desprazado, a cantidade máxima subvencionable será análoga á regulamentariamente establecida para os funcionarios da Comunidade Autónoma (grupo 2º).

-Organización: ata un 50% dos investimentos, no caso de consellos reguladores e agrupacións de productores e de industrias agrarias cando estean asociadas para colaborar na mellora da calidade dun producto. No resto dos casos ata un 30% cun límite de 200.000 ptas.

3. Estudios.

Ata un 70% dos investimentos cun límite de 10.000.000 (dez millóns) de pesetas.

4. Programas.

Ata o 50% dos investimentos. A dita porcentaxe poderá incrementarse ata o 100% no caso de programas levados a cabo por consellos reguladores e asociacións de productores e de industrias agrarias.

Dentro deste apartado consideraranse como gastos elixibles os relacionados con estudios, consultorías e traballos técnicos para a realización do programa; gastos destinados ó desenvolvemento da actividade de promoción, difusión e sensibilización no ámbito da normalización e calidade; e gastos destinados á mellora da cualificación profesional para levar a cabo o programa.

Artigo 4º.-Tramitación das solicitudes.

1. Os interesados deberán presentar por duplicado preferentemente nos Servicios Centrais da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, a seguinte documentación:

a) Instancia-solicitude dirixida ó conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria segundo modelo que se xunta debidamente cuberto.

b) Memoria explicativa dos obxetivos do investimento.

-Avaliación económica das súas vantaxes.

-Plan cronolóxico dos traballos.

-Relación de efectivos humanos e medios materiais de que se dispón.

c) Orzamento pormenorizado dos gastos previstos.

d) Declaración do solicitante sobre outras axudas solicitadas ou concedidas para os mesmos investimentos.

e) Copia da cédula NIF/CIF.

f) No caso de empresas, copia do certificado de inscrición no Rexistro de Industrias Agrarias se procede, ou, no caso contrario, copia da escritura de constitución se se trata de sociedades inscritas no

Rexistro Mercantil, ou fotocopia compulsada do DNI e da alta na licencia fiscal no caso de empresarios individuais.

g) No caso de agrupacións de empresas, entidades asociativas ou as súas agrupacións: copia compulsada dos estatutos.

A Dirección Xeral de Industrias e Alimentación poderá solicitar calquera outro documento que considere necesario para a correcta tramitación do expediente.

2. A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria resolverá as solicitudes no presente ano, por proposta da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación en función das súas dispoñibilidades orzamentarias e, tendo en conta os criterios de valoración prioritarios seguintes:

-Productos elaborados con materias primas producidas en Galicia.

- Productos amparados por algún indicativo de calidade.

-Mellora da calidade e comercialización dos productos.

-Beneficio ós productores de base.

As solicitudes que non obtivesen resposta no dito prazo entenderanse desestimadas.

3. A concesión da subvención poderá condicionarse o cumprimento por parte do solicitante de obxectivos empresariais.

4. Unha vez recibida a comunicación da concesión de axuda, o beneficiario terá que remitir no prazo de dez días hábiles a súa aceptación das condicións especificadas na resolución de concesión.

Artigo 5º.-Tramitación do pagamento das axudas.

Executados os investimentos, o beneficiario presentará por duplicado a seguinte documentación:

1. Xustificantes dos investimentos efectuados. Logo de presenta-las facturas orixinais para realiza-la toma de razón entregarase fotocopia acompañada de relación de facturas.

2. Declaración do beneficiario sobre outras axudas concedidas para os mesmos investimentos.

3. Acreditación formal do cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, así como acreditación expedida pola Dirección Xeral do Tesouro de non ter débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

4. Conxuntamente coa documentación relacionada nos anteriores apartados, os solicitantes deberán presentar con carácter xeral:

4.a) En caso de estudios que inclúan viaxes: memoria descritiva e detallada da viaxe realizada, así como un informe das conclusións obtidas.

4.b) En caso de programas: memoria das actividades realizadas e valoración do desenvolvemento do programa e dos resultados obtidos.

4.c) No caso de campañas de publicidade: un exemplar de cada un dos elementos integrantes na campaña (carteis, folletos, anuncios publicitarios, etc.).

5. Copia de cédula NIF/CIF, ficha de domiciliación de pagamentos e escritos da entidade bancaria polos que se acredite a apertura da conta a nome do beneficiario.

En cualquera fase do proceso de tramitación, a Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria poderá solicitarlle ó interesado as aclaracións e xustificacións oportunas con respecto ós datos da documentación presentada.

Artigo 6º.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde a data de entrada en vigor da presente orde.

Artigo 7º.-Especialidades na execución dos investimentos.

As resolucións de concesión de subvención establecerán o prazo máximo de xustificación dos investimentos. Non obstante poderase conceder por petición do interesado debidamente xustificado, e sempre que as dispoñibilidades orzamentarias o permitan, unha ampliación do prazo de execución dos investimentos. No caso de reducción da contía dos investimentos, sen menoscabo dos obxectivos iniciais, a subvención verase reducida na contía proporcional correspondente.

Artigo 8º.-Compatibilidade.

As axudas concedidas a través da presente orde poderán ser compatibles con calquera outra ata o límite máximo do 100% dos investimentos, especificándose en cada resolución individual a súa compatibilidade máxima.

Disposición adicional

O aboamento das subvencións fixadas pola presente orde establecerase con cargo ós conceptos orzamentarios 714A-770.0 (243.250.000 ptas.) e 714A-780.0 (20.000.000 de ptas.).

Disposicións derraderias

Primeira.-Facúltase o director xeral de Industrias e Alimentación para dicta-las disposicións que considere oportunas para o desenvolvemento desta.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 1998.

Cástor Gago Álvarez

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria

4991