Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.045

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1998, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da comisión de traballo creada para a aplicación do fondo de acción social do exercicio de 1997 e as listas definitivas das axudas do dito fondo.

Concluídos os traballos de reparto e aplicación do fondo de acción social para 1997, e publicados por Resolución do 30 de xuño de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 136, do 18 de xullo) e en uso das competencias atribuídas a esta dirección xeral no punto 6.2 dos criterios xerais que rexen para o fondo de acción social de 1997,

procede dárlle-la debida publicidade ás listas definitivas das axudas do fondo e ó acordo final de concesión e distribución do citado fondo, unha vez que transcorreu o prazo de alegacións previsto no punto 2º da Resolución do 25 de marzo de 1998 (DOG nº 67, do 8 de abril).

Polo tanto, dándolle cumprimento ó acordo da Mesa Xeral de Negociación e ó disposto na Resolución do 30 de xuño de 1997, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Que se publique no Diario Oficial de Galicia, como anexo á presente resolución, a distribución final da concesión das axudas do fondo de acción social para o exercicio de 1997.

Segundo.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde a data da publicación da presente resolución de acordo co previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro).

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1998.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Tipo axudaEntradasAprobadasDenegadasImporte

Xubilación52517934640.273.800
Diminuídos3813552675.453.600
Fillos menores70726505567166.867.560
Est. Traballador170687882814.048.000
Est. Fillos21611187852826171.357.640
Vivenda993706287131.999.400

Total32288274084880600.000.000

4694