Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.135

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de maio de 1998 pola que se convocan unhas xornadas sobre función consultiva e Administración local.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para 1998 e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse, en colaboración co Consello Consultivo de Galicia, unhas Xornadas sobre función consultiva e Administración local, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos:

Analiza-lo ámbito de actuación, a función e o carácter dos dictames dos consellos consultivos en relación coas competencias dos entes locais.

2. Contidos:

Trataranse, entre outros, estes temas:

-Entes locais e consellos consultivos.

-Dictames consultivos e Administración local.

-A responsabilidade patrimonial na Administración local.

-Recursos de revisión e revisión de oficio.

-Contratación e concesión administrativas.

3. Destinatarios:

Persoal titulado ó servicio da Administración local e da Xunta de Galicia.

4. Desenvolvemento:

Horario: mañá e tarde.

Lugar e datas: as xornadas convocadas terán lugar no salón de actos da Escola Galega de Administración

Pública (polígo das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4 en Santiago de Compostela), os días 29 e 30 de xuño.

5. Inscrición:

Prazo: remata o mércores, día 24 de xuño de 1998.

Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707, Santiago de Compostela), segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP, ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións púbicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: (981) 54 63 37.

Número de prazas: limitado á capacidade do local.

Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de que daren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando, a partir do día 10 de xuño, por teléfono das 10 horas ás 14.30 horas, ós seguintes números: (981) 54 62 39 ou (981) 54 60 40.

6. Modificacións:

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como a de cancelalas se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia:

Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a estas, cando a súa inasistencia non sexa igual ou superior ó 15% das horas lectivas programadas, e expresarase neste documento a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

5093