Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.132

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1998 pola que se convocan varios cursos de formación para o persoal da Xunta de Galicia.

En execución do Plan de formación da EGAP para 1998, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse os cursos referidos no anexo I á presente resolución, que se desenvolverán de conformidade coas seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes:

1. O persoal que desexe participar nos cursos programados deberá solicitalo coa presentación da instancia e certificación, que, como modelos oficiais, se recollen no anexo II e III desta resolución, respectivamente.

2. Naqueles cursos que conten con varias edicións presentarase unha soa instancia e para unha única localidade.

3. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso no presente ano.

4. O prazo de presentación de instancias será o que se sinala para cada curso no precitado anexo I.

5. As solicitudes, dirixidas ó director da EGAP, presentaranse no rexistro xeral da Escola, sita na rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, ou en calquera das dependencias recollidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segunda.-Acceso ás actividades.

1. Poderá participa-lo persoal que cumpra os requisitos específicos esixidos para cada curso no aludido anexo I.

Terceira.-Selección.

1. Os criterios selectivos que se van utilizar serán os sinalados con carácter xeral na resolución da

Escola Galega de Administración Pública, do 27 de xuño de 1994 (Diario Oficial de Galicia nº 149, do 3-8-1994).

2. Nos cursos que conten con varias edicións terá preferencia na selección efectuada para cada unha das localidades programadas o persoal que desempeñe o seu posto de traballo nelas.

3. As relacións de seleccionados para participar nos cursos previstos publicaranse nos taboleiros de anuncios da Escola Galega de Administración Pública e do Centro de Información Administrativa e Atención ó Cidadán e, se é o caso, nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Cuarta.-Certificacións de asistencia.

1. Outorgaráselle-lo correspondente certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade e dedicación no desenvolvemento dos cursos, sen prexuízo de que, se é o caso, a Escola Galega de Administración Pública poida fixa-la realización daquelas probas ou controis que considere oportunos para os efectos de avalia-los coñecementos adquiridos polos alumnos, ou ben poida requiri-la realización dun traballo final de prácticas.

2. É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións previstas dos cursos. Toda inasistencia a clase deberá ser xustificada debidamente polo interesado, se ben a falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa no curso coa perda de tódolos dereitos.

3. Para coñecemento e constancia no seu expediente, os participantes nos cursos deberán facilitarlles copia das certificacións recibidas ós servicios de persoal do centro directivo ó que estean adscritos.

Quinta.-Modificacións.

1. A EGAP poderá modifica-lo desenvolvemento e mailos contidos dos cursos anunciados co fin de adaptalos ás necesidades da Administración, así como ás distintas continxencias que poidan xurdir.

2. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito de suspende-la rea

lización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 1998.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Curso: Información e atención ó cidadán (5 edicións).

1. Obxectivos:

Comprensión dos modos de conducta e das diferentes situacións que se poden presentar no desenvolvemento dun posto de traballo de atención ó público.

2. Destinatarios:

Persoal pertencente ós grupos funcionariais C, D e E e laborais III, IV e V da Xunta de Galicia, que ocupen postos de traballo que comporten tarefas de atención ó público e información ó cidadán.

3. Prazo:

O prazo de presentación de instancias será de 15 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 24 horas.

4.2. Lugares e datas de celebración : Santiago de Compostela: 5, 6 , 7, 15, 16, 19 e 20 de outubro; A Coruña: 8, 9, 13, 14, 20, 21 e 22 de outubro; Lugo: 29 e 30 de outubro; 2, 3, 4, 10 e 11 de novembro; Ourense: 26, 27 e 28 de outubro; 5, 6, 9 e 10 de novembro; Pontevedra: 11, 12, 13, 16, 17, 18 e 19 de novembro.

4.3. Horarios: das 17 ás 20.30 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido básico.

A relación interpersoal. Elementos básicos da comunicación. Técnicas de información ó público. Resolución de situacións. A información e atención ó público na Xunta de Galicia.

Curso: Réxime xurídico das axudas (cinco edicións).

1. Obxectivos:

Unificar criterios e perfeccionar métodos legais de actuación de acordo co establecido nas distintas normas de axudas.

2. Destinatarios:

Persoal da Xunta de Galicia con responsabilidade directa na tramitación e xestión de axudas e sub

vencións, que se atopen destinados en unidades dedicadas a esta tarefa.

3. Prazo:

O prazo de presentación de instancias será de 15 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

4.3. Datas: 1, 2, 3, 9, 10, 14 e 15 de decembro de 1998.

4.4. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.5. Prazas: 30.

5. Contido básico:

O procedemento das subvencións. A súa concesión. O pagamento das axudas. O control das subvencións. As subvencións no orzamento público.

Curso : Procedemento administrativo sancionador (cinco edicións).

1. Obxectivos:

Unificar criterios e perfecciona-los métodos legais de actuación de acordo co establecido nas distintas normas sancionadoras.

2. Destinatarios:

Persoal da Xunta de Galicia con responsabilidade directa na tramitación e supervisión dos procedementos sancionadores que se deben incoar no seu ámbito de aplicación, que se atopen destinados en unidades administrativas con competencias sancionadoras.

3. Prazo:

O prazo de presentación de instancias será de 15 días naturais a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 20 horas.

4.2. Lugares: Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

4.3. Datas: 14, 15, 16, 17, 21, 22 e 23 de setembro de 1998.

4.3. Horarios: das 17 ás 20 horas.

4.4. Prazas: 30.

5. Contido básico:

O procedemento sancionador. O prego de cargos. A audiencia do interesado. A gradación da sanción. A execución da sanción: a multa, o comiso, a retirada da licencia...

ANEXO III

D./Dna..... secretario xeral/delegado provincial/responsable dos servicios de persoal na Consellería/Delegación Provincial de.....

CERTIFICO:

Que D./Dna....., no desempeño do seu posto de traballo de..... realiza tarefas directamente relacionadas co contido do curso solicitado.

....., ..... de ..... de 1998.

Asdo.: .....

5109