Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.130

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo asinado o día 27 de abril de 1998 pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector de derivados do cemento da provincia da Coruña.

Visto o texto do acordo asinado o día 27 de abril de 1998, pola comisión paritaria do convenio colectivo do sector de derivados do cemento da provincia da Coruña, integrada polas representación da Asociación de Fabricantes de Derivados del Cemento da Coruña e das centrais sindicais UGT e CC.OO no que se acordan as táboas salariais, e festivos de convenio para o ano 1998, e emenda de erros no texto do convenio e a inclusión dunha disposición transitoria nel e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos do traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Madiación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de maio de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da reunión da comisión paritaria do convenio colectivo de derivados do cemento da provincia da Coruña (27-4-1998).

Asistentes:

Pola parte social: Santiago Huertas Pozurama (CC.OO), José Luis Paz Pena (CC.OO), Jesús Mª Calvo Romero (UGT), José Mª Castro Rey (UGT).

Pola parte empresarial: Francisco García Carrillo, Luis Neira Pérez, Laureano Pérez Expósito (Asociación de Fabricantes de Derivados del Cemento de A Coruña), Marina Graña Bermúdez (asesora laboral CEC).

Na Coruña, sendo as dezasete horas do día 27 de abril de 1998, reúnense as partes arriba indi

cadas, como compoñentes da comisión paritaria do convenio colectivo provincial de derivados do cemento, nos locais de CC.OO. (r/ Isaac Peral, 42), co obxecto de levar a cabo a revisión e mofidificacións oportunas do citado convenio para o ano 1998, de conformidade co disposto no convenio colectivo vixente.

Ámbalas partes toman os seguintes acordos:

1. Aprobación e sinatura das táboas salariais para o ano 1998 que figuran como anexo desta acta, resultado de aplica-lo incremento do 2,3%, tal como se establece no acordo económico sectorial de derivados do cemento, e a aplicación do terceiro tercio de antigüidade, segundo o establecido no artigo 17 do convenio colectivo vixente.

2. En materia de xornada, acórdase fixar como festivos de convenio para o ano 1998 os seguintes: 2 de xaneiro, 5 de xaneiro, 23 de febreiro, 20 de marzo, 24 de decembro e 31 de decembro. Naquelas empresas en que non se desfrutasen os festivos arriba mencionados fixaranse outros días alternativos, negociados entre a empresa e representante legal dos traballadores ou, no seu defecto, cos propios traballadores.

3. Emenda do erro advertido no artigo 10 que aparece no texto do convenio colectivo cunha redacción, e no anexo VIII do propio convenio con outra distinta, quedando a súa redacción definitiva:

Artigo 10: comisión paritaria de interpretación.

Constitúese unha comisión mixta paritaria de interpretación do presente convenio, presidida pola persoa que a comisión, de entre os seus compoñentes no seu momento, designe por unanimidade.

Serán vocais dela catro representantes por cada unha das partes asinantes do convenio, social e empresarial intervinientes, designados na forma que decidan as respectivas organizacións e preferentemente de entre os membros compoñentes da comisión negociadora deste convenio.

Será secretario un vocal da comisión.

Os acordos da comisión, para que sexan válidos, requirirán a presencia, directa ou por representación de polo menos dous membros de cada unha das partes empresarial e social, e adoptaranse sempre pola maioría absoluta da totalidade dos compoñentes da comisión. Os acordos que sexan adoptados pola comisión paritaria terán a mesma eficacia cá norma pactada interpretada.

4. Emenda do erro advertido na transcrición do artigo 44, quedando a súa redacción definitiva co mesmo texto có establecido no convenio xeral do sector, é dicir, o traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo polo tempo e nas condicións establecidas no cadro seguinte:

Motivo licenciaTempo máximoXustificante

Falecemento de pais, avós, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e sogrosTres días naturais, ampliables ata cinco días naturais en caso de desprazamento superior a 150 kmDocumento que acredite o feito

Enfermidade grave de pais, sogros, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e avós políticosTres días naturais, ampliables ata cinco días naturais no caso de desprazamento superior a 150 kmXustificante médico que acredite o feito

Falecemento de noras, xenros, cuñados e avós políticosDous días naturais, ampliables ata catro días naturais en caso de desprazamento superior a 150 kmDocumento en que se acredite o feito

Enfermidade grave de noras, xenros e avós políticosDous días naturais, ampliables ata catro días naturais en caso de desprazamento superior a 150 kmXustificante médico que acredite o feito

Nacemento de fillo ou adopciónTres días naturais, ampliables ata catro días naturais en caso de desprazamento superior a 150 kmLibro de familia ou certificado do xulgado

Matrimonio do traballadorQuince días naturaisLibro de familia ou certificado oficial

Cambio de domicilio habitualUn día laborableDocumento que acredite o feito

Deber inescusable de carácter público e persoalO indispensable ou o que marque a normaXustificante da asistencia

Lactación dun fillo menor de nove mesesAusencia de 1 hora ou dúas fraccións de œ hora ou reducción de xornada en media horaLibro de familia ou certificado de adopción

Motivo licenciaTempo máximoXustificante

Traslado (artigo 40 ET)Tres días laborables

Matrimonio de filloO día naturalDocumento que acredite o feito

Funcións sindicais ou de representación de traballadoresO establecido na normaO que proceda

5. Introducir unha disposición transitoria sobre contratación coa seguinte redacción: «de acordo co establecido na letra b) do apartado 2º da disposición adicional 1ª da Lei 63/1997, do 26 de decembro, acórdase por ámbalas partes que se manteña a posibilidade de conversión de tódolos contratos temporais celebrados durante a vixencia deste convenio e ata a sinatura do que o substitúa, no contrato para o fomento da contratación indefinida, regulado na citada disposición adicional.».

6. Autorizar a Santiago Huertas Pozurama para que cumpra os trámites relativos ó rexistro, depósito e publicación desta acta e o seu anexo.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a reunión sendo as 18.30 horas da data arriba indicada.

ANEXO

Táboas salariais ano 1998

NivelCategoríasSalarioComplementosPagas extraordinariasRetribución anual

MesDíaAsistenc.Transp.XulloNadal1998

2Enxeñeiro166.9745.5661.4007.548155.689 N155.689 N2.738.294

3Perito141.1484.7051.4007.548132.032 N132.032 N2.381.068

4Encargado137.9344.5981.4007.548129.081 N129.081 N2.336.598

5Debuxante106.8763.5631.4007.548100.441 S100.441 S1.906.622

6Delineante 1ª105.4333.5141.4007.54899.104 S99.104 S1.886.632

7Delineante 2ª103.8063.4601.4007.54897.584 S97.584 S1.864.068

9Calcador100.6133.3541.4007.54894.631 S94.631 S1.819.846

3Xefe 1ª Admv.141.1484.7051.4007.548132.032 N132.032 N2.381.068

4Xefe 2ª Admv.126.5524.2181.4007.548124.514 N124.514 N2.190.880

6Oficial 1ª Adm.105.4333.5141.4007.54899.104 S99.104 S1.886.632

8Oficial 2ª Adm.102.1483.4051.4007.54896.062 S96.062 S1.841.128

9Auxiliar Admv.100.6133.3541.4007.54894.631 S94.631 S1.819.846

7Viaxante sen C.103.8063.4601.4007.54897.584 S97.584 S1.864.068

8Corredor sen C.102.1483.4051.4007.54896.062 S96.062 S1.841.128

9Corredor a Com.100.6133.3541.4007.54894.631 N94.631 N1.819.846

5Encargado Sec.106.8763.5631.4007.548100.441 S100.441 S1.906.622

7Capataz103.8063.4601.4007.54897.584 S97.584 S1.864.068

8Oficial 1ª102.1483.4051.4007.54896.062 S96.062 S1.841.128

9Oficial 2ª100.6133.3541.4007.54894.631 S94.631 S1.819.846

10Axudante99.0363.3011.4007.54893.202 S93.202 S1.798.064

11Oficial 3ª97.5033.2501.4007.54891.773 S91.773 S1.776.810

12Limpador/peón95.8883.1961.4007.54890.297 S90.297 S1.754.478

NivelCategoríasSalarioComplementosPagas extraordinariasRetribución anual

MesDíaAsistenc.Transp.XulloNadal1998

13Traball. 17 anos77.9842.5999827.54877.984 S77.984 S1.413.430

14Tr. menor 17 anos59.2601.9759087.54859.260 S59.260 S1.133.312

Nota: as letras S e N que figuran nas pagas extras son para os traballadores con modalidade de traballo a incentivos.

N: non se retribúe incentivo.

S: si se retribúe incentivo.

5110