Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.236

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 28 de maio de 1998 pola que se prorroga a inclusión do río Tea no Rexistro Xeral de Espacios Naturais de Galicia.

Ó abeiro das competencias que a Comunidade Autónoma de Galicia ten en materia de conservación da natureza foi regulada a figura do espacio natural en rexistro de protección xeral, mediante o Decreto 82/1989, do 11 de maio.

A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, facendo uso da facultade outorgada polo artigo 6 do devandito Decreto 82/1989, e a través da Orde do 5 de xuño de 1997, declara provisionalmente o río Tea como espacio natural en réxime de protección xeral e inicia o trámite de inclusión no Rexistro de Espacios Naturais de Galicia.

Transcorrido o prazo dun ano estipulado, cómpre prorroga-lo seu réxime por outro ano máis.

En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-Prorrogar por un ano a declaración provisional do río Tea como espacio natural en réxime de protección xeral, nos mesmos termos que figuran na orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes do 5 de xuño de 1997 (DOG nº 113, do 13 de xuño).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural para as cuestións de carácter xeral que se deriven da aplicación desta orden.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de maio de 1998.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

5260