Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.230

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 27 de maio de 1998 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas a empresas, agrupacións ou asociacións de empresas que realicen investimentos, estudios e xestión de residuos industriais encamiñados a mellorar e controla-lo ambiente.

Entre as competencias que ten asignadas a Consellería de Medio Ambiente figuran a avaliación e control dos niveis de emisión e inmisión das industrias regulados no Decreto 833/1975, do 6 de febreiro, e o control da xestión dos residuos tóxicos e perigosos regulados polo Real decreto 833/1988 de 20 de xullo, o Real decreto 952/9 de 20 de xuño, e a Orde do 28 de febreiro de 1989, do Ministerio de Obras Públicas, Transportes e Medio Ambiente pola que se regula a xestión dos aceites usados.

As industrias deben adaptarse ás esixencias impostas pola lexislación comunitaria en materia de contaminación atmosférica, polo que se fai necesario un apoio eficaz e selectivo por parte da Administración para que nos procesos productivos se eliminen ou limiten, na medida do posible, os efectos contaminantes. No ámbito dos residuos tóxicos e perigosos, o Consello de Ministros aprobou o 17 de febreiro de 1995 o Plan Nacional de Residuos Perigosos 1995-2000 e o Plan Nacional de Recuperación de Solos Contaminados 1995-2005. A Consellería de Medio Ambiente pretende acada-los obxectivos

fixados polos ditos plans tanto para a recuperación dos emprazamentos inventariados como contaminados, así como en materia de reducción, reutilización e reciclaxe de residuos tóxicos e perigosos no ámbito desta Comunidade Autónoma.

Por outra banda, tanto a Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia, como o Real decreto 85/1996, polo que se establecen normas para a aplicación do Regulamento CEE 1836/1993, do Consello, do 29 de xuño, polo que se permite que as empresas do sector industrial se adhiran con carácter voluntario a un sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental, inciden na importancia de incentiva-los sistemas de ecoxestión e ecoauditorías voluntarias das empresas.

Na súa virtude, e no uso das atribucións que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxectivo.

Convócanse axudas para o fomento do ambiente industrial, para a xestión de residuos industriais, para a realización de proxectos de I+D, para a realización de estudios ambientais, formación especializada do persoal no programa de ambiente industrial ou adhesión voluntaria a un sistema comunitario de xestión e auditoría ambiental.

Axudas en materia de medio ambiente industrial.

Artigo 2º.-Obxecto.

Concédense axudas para aqueles investimentos encamiñados á consecución dos seguintes obxectivos:

1. Prevención e reducción en orixe de residuos perigosos.

2. Instalacións adecuadas para a xestión dos residuos industriais definidos no Plan de Xestión de Residuos Perigosos de Galicia, que se atopen dentro dos obxectivos da Comunidade Autónoma de Galicia.

3. Instalacións de reciclaxe e/ou reutilización e/ou minimización de residuos tóxicos e perigosos in situ ou de tratamento externo así como a construcción de plantas de tratamento e depósitos de seguridade para eles.

4. Descontaminación e restauración de solos contaminados por actividades industriais incluídas no Inventario de Solos Contaminados de Galicia.

Artigo 3º.-Beneficiarios.

Empresas e asociacións ou agrupacións de empresas.

Artigo 4º.-Contía.

Ata un 50% do orzamento do investimento.

Artigo 5º.-Documentación que hai que presentar.

As solicitudes axustaranse ó modelo oficial que figura como anexo e xuntarase por triplicado exemplar os seguintes documentos:

1. Memoria técnica explicativa da acción que se vai desenvolver.

2. Proxecto e orzamento detallados do investimento.

3. Copia cotexada do DNI ou NIF.

4. Declaración expresa de non ter contraída débeda ningunha, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia.

5. Certificado de estar ó día das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

6. Certificado actualizado de inscrición de empresa no Rexistro Industrial, se procede.

7. Autorización de productor ou xestor por residuos tóxicos e perigosos se procede.

8. Acreditación, cando proceda, de estar ó día no cumprimento do programa de autocontrois de emisions á atmosfera.

Artigo 6º.-Criterios de priorización.

Para avalia-la prioridade das solicitudes teranse en conta os seguintes criterios enumerados por orde decrecente de importancia:

1. Investimentos que presenten os proxectos para reduci-lo seu impacto ambiental.

2. Investimentos en instalacións de industrias con novas tecnoloxías para a diminución de residuos industriais e que pola importancia da actividade de gastos sexa de interese para a mellora do ambiente galego.

3. Investimentos para a prevención e reducción en orixe dos residuos industriais.

4. Investimentos coa finalidade de reciclar ou reutilizar residuos.

5. Investimentos para tratamento externo adecuado dos residuos industriais.

Investigación e desenvolvemento

Artigo 7º.-Obxecto.

Concederanse axudas a aqueles proxectos de investigación e desenvolvemento (I + D) dirixidos á mellora dos procesos productivos industriais que reduzan a contaminación ou para o deseño e implantación de tecnoloxías limpas ou aqueles proxectos de novas tecnoloxías nos que primen a minimización, a través da prevención e recuperación in situ, ou a reciclaxe e tratamento dos residuos.

Artigo 8º.-Beneficiarios.

As empresas, asociacións ou agrupacións de empresas.

Artigo 9º.-Contía.

a) Ata un 70% dos gastos efectuados para a adquisición de coñecementos incluídos no obxecto da axuda. Enténdense incluídos os gastos de persoal e de instrumentos de investigación e control para o desenvolvemento do proxecto.

b) Ata un 45% dos gastos efectuados na aplicación dos coñecementos adquiridos.

c) Ata un 100% dos gastos soportados de adquisición de coñecementos no suposto de que os ditos coñecementos se obtivesen mediante convenio de colaboración con centros públicos de investigación ou departamentos universitarios, debéndose xuntar copia do referido convenio.

Artigo 10º.-Documentación que hai que presentar.

1. Memoria que debe conter unha proposta técnica detallada.

2. Investimentos realizados en Galicia en materia de I+D nos últimos tres anos, especificando si os ditos investimentos recibiron axudas ou subvencions dalgunha Administración pública.

3. Copia cotexada do DNI ou NIF.

4. Declaración expresa de non ter contraída débeda ninguna, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia.

5. Certificado de estar ó día das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

6. Certificado actualizado de inscrición de empresa no Rexistro Industrial.

Artigo 11º.- Criterios de priorización.

1. Adecuación do proxecto ós fins da convocatoria.

2. Capacidade da empresa para a execución do proxecto e a transparencia do resultado.

3. Ámbito de aplicación do proxecto ó sector industrial.

4. Existencia de recursos de I+D na empresa en Galicia.

Xestión de residuos industriais

Artigo 12º.-Obxecto.

Concederanse axudas para investimentos e/ou operacións dirixidas á minimización, valorización, tratamento, eliminación e depósito controlado dos residuos incluídos no Plan de Xestión de Residuos Perigosos de Galicia e Residuos Especiais de Consumo Masivo.

Artigo 13º.-Beneficiarios.

As empresas, asociacións ou agrupacións de empresas.

Artigo 14º.-Contía.

Ata un 75% do orzamento de gasto da actividade incluída no anterior obxecto.

Artigo 15º.-Documentación que hai que presentar.

1. Memoria técnica explicativa da acción que se vai desenvolver.

2. Proxecto e orzamento detallados do investimento.

3. Copia cotexada do DNI ou NIF.

4. Declaración expresa de non ter contraída débeda ningunha, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia.

5. Certificado de estar ó día das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

6. Certificado actualizado de inscrición de empresa no Rexistro Industrial.

7. Informe no que conste a cantidade de residuos que se xestionarán ata o 30 de novembro de 1998, xustificando a contía da axuda que se solicita.

8. Autorización de xestión de residuos outorgada polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

9. Estudio económico-financeiro e de estructuras de custos da actividade relacionada especificamente coa xestión do residuo, de tal forma que a Administración poida precisa-los custos reais da xestión non cubertos pola actividade. O estudio deberá contar coa autorización expresa do apoderado ou representante da empresa.

Estudios

Artigo 16º.-Obxecto.

Concederanse axudas á realización dos seguintes estudios:

1. De prevención, reducción de orixe, reciclaxe, tratamento e adecuada xestión dos residuos industriais e gandeiros.

2. De estatísticas e bases de datos relacionados co Plan de Xestión de Residuos Perigosos.

3. De inventario, recuperación ou eliminación dos solos e espacios contaminados polas actividades industriais ou ganderia.

4. De apoio ós plans de residuos industriais e de solos contaminados de Galicia.

5. De efectos producidos pola contaminación atmosférica de orixe industrial.

Artigo 17º.-Beneficiarios.

As empresas, asociacións ou agrupacións de empresas.

Artigo 18º.-Contía.

Ata o 75% do custo do proxecto.

Artigo 19º.-Documentación que hai que presentar.

1. Memoria técnica explicativa da acción que se vai desenvolver. Ademais, metodoloxía, obxectivos e enxeñería ou entidade colaboradora da Administración (ECA) que realizará o estudio.

2. Proxecto e orzamento detallados do investimento.

3. Copia cotexada do DNI ou NIF.

4. Declaración expresa de non ter contraída débeda ningunha, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia.

5. Certificado de estar ó día das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

6. Certificado actualizado de inscrición de empresa no Rexistro Industrial.

Artigo 20º.-Criterios de priorización.

1. Investimentos que presenten os proxectos para reduci-lo seu impacto ambiental.

2. Estudios realizados para a prevención, reducción en orixe, reutilización e reciclaxe dos residuos industriais e gandeiros.

3. Estudios que propoñan solucións de tratamento in situ dos residuos tóxicos e perigosos.

4. Estudios sobre novas tecnoloxías limpas nos diferentes procesos industriais.

Formación especializada do persoal

Artigo 21º.-Obxecto.

Concederanse axudas para a formación especializada do persoal no programa de ambiente industrial e particularmente en materia de residuos perigosos. Así mesmo, concederanse axudas para información e difusión de conceptos básicos ou de coñecementos de instalacións en materia de ambiente industrial a través dos medios de comunicación.

Artigo 22º.-Beneficiarios.

As empresas, asociacións ou agrupacións de empresas.

Artigo 23º.-Contía.

Ata o 50% do custo do programa de formación aprobado.

Artigo 24º.-Documentación que hai que presentar.

1. Memoria técnica explicativa da formación que se vai impartir, programa e temario.

2. Orzamento detallado.

3. Copia cotexada do DNI ou NIF.

4. Declaración expresa de no ter contraída débeda ningunha, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia.

5. Certificado de estar ó día das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

6. Certificado actualizado de inscrición de empresa no Rexistro Industrial.

7. Acreditación e experiencia na materia da empresa encargada da citada formación.

8. Para o suposto de tarefas de información e difusión, acreditarase a realización delas e as datas en que se realiza.

Artigo 25º.-Criterios de priorización.

1. Investimentos que presentan os proxectos para reduci-lo seu impacto ambiental.

2. A existencia ou non en Galicia de persoas xa formadas na materia.

3. A calidade da formación.

Adhesión voluntaria a sistemas comunitarios de xestión e auditorías ambientais

Artigo 26º.-Obxecto.

Concédense axudas para a adhesión voluntaria a un sistema comunitario de xestión e auditorías ambientais.

Artigo 27º.-Beneficiarios.

As empresas, asociacións ou agrupacións de empresas.

Artigo 28º.-Contía.

Ata o 50% do custo do investimento.

Artigo 29º.-Documentación que hai que presentar.

1. Memoria técnica explicativa da acción que se vai desenvolver.

2. Proxecto e orzamento detallados do investimento.

3. Copia cotexada do DNI ou NIF.

4. Declaración expresa de non ter contraída débeda ningunha, por ningún concepto, coa Xunta de Galicia.

5. Certificado de estar ó día das súas obrigas tributarias e de Seguridade Social.

6. Certificado actualizado de inscrición de empresas no Rexistro Industrial.

7. Acreditación do verificador ambiental que realice as actividades.

8. Proxecto de implantación do sistema de xestión ambiental.

Tramitación

Artigo 30º.-Prazo.

As solicitudes dirixiranse ó conselleiro de Medio Ambiente, presentándose nos rexistros das delegacions provinciais ou nos servicios centrais da consellería, ou enviándose nalgunha das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no DOG.

Artigo 31º.-Correccións.

Se a solicitude non reúne os requisitos sinalados no artigo de esta orde, o interesado será requirido para que, no prazo de 10 días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, coa indicación de que, se non o efectuara, se considerará desistido da súa petición, que se arquivará sen máis trámite.

Resolución

Artigo 32º.-Comisión de avaliación.

A documentación remitida será encomendada por unha comisión de avaliación de proxectos consti

tuída polo director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, o director xeral do Centro de Información e Tecnoloxía Ambiental, o subdirector xeral de Calidade Ambiental, e o xefe do Departamento de Investigación e Tecnoloxía Ambiental, os que emitirán o correspondente informe.

Artigo 33º.-Resolución.

1. A resolución corresponderalle ó conselleiro de Medio Ambiente. O outorgamento da axuda debe ser aceptado polo beneficiario no prazo de 15 días, coas condicións específicas recollidas por esta orde e as que, se é o caso, se inclúan na resolución.

2. A non notificación da resolución no prazo de tres meses desde a presentación da correspondente solicitude determinará a súa desestimación presunta, quedando expedita a vía contencioso-administrativa.

Control e seguimento

Artigo 34º.-Comisión de control.

Constitúese unha comisión de control integrada polos mesmos membros da Comisión de Avaliación que se encargará do control da execución da actividade obxecto de axuda.

A referida comisión poderá solicitar, en calquera momento, cantas aclaracións e informes considere convenientes e no suposto de non seren satisfeitos en prazo, considerarase como incumprimento das condicións da subvención coas consecuencias previstas no artigo 41º da presente orde.

Pagamentos

Artigo 35º.-Acreditación de traballos realizados.

Para acredita-lo devengo das axudas será indispensable a representación, antes do 31 de outubro de 1998, de tres exemplares da memoria final e do custo dos traballos realizados para o seu exame e análise, así como os xustificantes debidamente acreditados do investimento solicitado. Nas axudas relativas a ecoauditorías ambientais deberá incluírse a declaración ambiental realizada polo verificador ambiental.

O referido prazo ampliarase ata o 30 de novembro de 1998 para as axudas á xestión de residuos, debendo presentarse os documentos de control e seguimento que xustifiquen a xestión realizada.

Artigo 36º.-Pagamento.

Acreditado dereito á percepción da axuda, o beneficiario deberá remitir:

a) Certificación expedida pola entidade bancaria sinalando número de conta da empresa beneficiaria onde se debe realiza-lo pagamento.

b) Acreditación de encontrarse ó día das obrigas tributarias e de Seguridade Social.

c) Certificación de non ter pendente ningunha débeda por ningún concepto coa Administración da Comunidade Autónoma.

Artigo 37º.-Anticipos.

Nas axudas á xestión de residuos xestionados no período correspondente, poderanse conceder anticipos de conformidade co establecido na Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1998.

Artigo 38º.-Reducción do pagamento.

No suposto de que o investimento ou actividade realizada tivese un custo inferior ó inicialmente previsto, a axuda concedida verase diminuída nunha porcentaxe proporcional.

Artigo 39º.-Aplicación orzamentaria.

Existe crédito suficiente e adecuado na aplicación orzamentaria 15.03.342A.770.0 Subvencións en materia de medio ambiente industrial dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para atende-los gastos desta orde de axudas.

O importe máximo aplicable é de 182.249.000 pesetas.

Artigo 40º.-Compatibilidade de axudas.

Só serán compatibles con outras axudas as previstas no capítulo III desta orde, dentro dos límites establecidos no artigo 78.3º da Lei 11/1992, de réxime financeiro e presupostario da Comunidade Autónoma de Galicia.

Incumprimiento

Artigo 41º.-Incumprimento.

Procederá ademais o reintegro da axuda ou subvención percibida e dos xuros de demora nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obrigación de xustificación.

b) Obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos nas bases reguladoras para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

As cantidades que hai que reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público, resultando de aplicación para o seu cobramento o establecido nos artigos 20 e 26 desta lei.

Disposición derradeira

A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1998.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

5259