Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.253

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores C-99/97 e C-116/97 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución dictada no expediente por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza de Galicia.

Para os efectos previstos no artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/Benito corbal, 47-5ª planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 30 de abril de 1998.

P.A.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: C-99/97.

Denunciado: José Luis Rial Alonso.

Último domicilio coñecido: Igrexa, 110 Valadares, Vigo.

Feito denunciado: transitar con cans en época hábil sen a debida dilixencia para evitarlles molestias ás presas de caza, e sen evitarlles que vaguen sen control por terreos cinexéticos, o día 23 de outubro de 1997, termo municipal Nigrán.

Precepto infrinxido: artigo 57.10º e 11º da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Preceptor sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 10.000 ptas.

Expediente: C-116/97.

Denunciado: Manuel Argimiro Val Moure.

Último domicilio coñecido: Real, 20-4º Esq. A Coruña.

Feito denunciado: practica-lo deporte da caza menor, con escopeta carecendo do seguro obrigatorio, o día 1 de novembro de 1997, termo municipal de Agolada.

Precepto infrinxido: artigo 57.4º en relación co artigo 45 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 61 da Lei 4/1997, de caza de Galicia.

Sanción: 10.000 ptas.

4404