Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores C-54/97 e C-62/97 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a resolución dos ditos expedientes, por infracción á Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolucion será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción así como o da indemnización farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) Oficina Principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 30 de abril 1998.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: C-54/97.

Denunciado: Gonzalo Piñeiro Fernández.

Último domicilio coñecido: Barrio Portal, 20 Valladares, Vigo.

Feito denunciado: adestrar 4 cans en época de veda no couto PO-10.161, o día 23 de abril de 1997, no termo municipal de Gondomar.

Precepto infrinxido: artigo 48.2º 25 da Lei 1/1970 de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970 de caza.

Sanción: 3.000 ptas.

Expediente: C-62/97.

Denunciado: Jorge Comesaña Vila.

Último domicilio coñecido: Macal, 14 Castrelos, Vigo.

Feito denunciado: adestrar cans en época de veda o día 22 de xuño de 1997, no termo municipal de Gondomar.

Precepto infrinxido: artigo 48.2º 25 da Lei 1/1970 de caza.

Precepto sancionador: artigo 48 da Lei 1/1970 de caza.

Sanción: 3.000 ptas.

4406