Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural, pola que se somete a información pública o plan de ordenación dos recursos naturais do parque natural do Invernadeiro.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencias en materia de conservación da natureza, de acordo co establecido nos reais decretos 167/1981, do 9 de xaneiro, 1234/1983, do 20 de abril e 1535/1984, do 20 de xuño, que lle transfiren a Galicia as competencias nesta materia.

A Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres regula, no seu título II, os plans de ordenación dos

recursos naturais como un instrumento de planificación da xestión dos recursos naturais.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Para os efectos previstos no artigo 6 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, ábrese un prazo de información pública sobre o Plan de Ordenación dos Recursos Naturais do Parque Natural do Invernadeiro.

O que se fai público para que poida ser examinado nas oficinas da Subdirección Xeral de Medio Ambiente Natural Caza e Pesca Fluvial da Consellería de Medio Ambiente (San Lázaro s/n, Santiago de Compostela) e nas da súa Delegación Provincial de Ourense (Avda. da Habana, 105), e para que se formulen contra el as alegacións que se consideren oportunas, nun prazo de 30 días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 1998.

Tomás José Fernández-Couto Juanas

Director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural

5263