Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de maio 1998 pola que se somete a información pública e posterior trámite de audiencia ós interesados o informe para a inclusión definitiva no Rexistro Xeral de Espacios Naturais de Galicia do encoro de Abegondo-Cecebre.

O Decreto 82/1989, do 11 de maio, regula a figura do espacio natural en réxime de protección xeral. Con carácter preventivo, co obxecto de salvagardar certos espacios ante posibles riscos ou ameazas de degradación e para garanti-lo mantemento dos ecosistemas, o artigo 6 do citado decreto permite a declaración provisional de certas especies en réxime de protección xeral.

Facendo uso da dita facultade, a través da Orde do 27 de maio de 1997, foi declarado provisionalmente o encoro de Cecebre como espacio natural en réxime de protección xeral por un ano, á vez que se iniciou o trámite da inclusión definitiva no Rexistro de Espacios Naturais de Galicia.

Unha vez finalizado o prazo de inclusión provisional, e para darlle continuidade ó trámite de inclusión definitiva,

RESOLVO:

Ó abeiro do artigo 5 do Decreto 82/1989, do 11 de maio, ábrese un prazo de información pública e posterior trámite de audiencia ós interesados do informe para a inclusión definitiva no Rexistro Xeral de Espacios Naturais de Galicia do encoro de Abegondo-Cecebre.

O que se fai público para que poida ser examinado nas oficinas da Subdirección Xeral de Medio Ambiente Natural, Caza e Pesca Fluvial, da Consellería de Medio Ambiente (San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela) e na Delegación Provincial da Coruña (Edificio administrativo Monelos, Praza de Luis Seoane, s/n 5ª planta, A Coruña) e para que se formulen as alegacións que se consideren oportunas nun prazo dun mes, contando desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 1998.

José Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente

5167