Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 24 de xuño de 1998 Páx. 7.075

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACORDO do 16 de xuño de 1998, do tribunal que xulgará as probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas, polo que se fai público o lugar, a data e a hora de celebración do primeiro exercicio da fase de oposición.

De conformidade co previsto na base IV.8 da Orde do 30 de outubro de 1997, pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, grupo A, escala superior de finanzas (DOG nº 220, do 13 de novembro), e por acordo do tribunal designado para a selección dos aspirantes ó ingreso no dito corpo, adoptado na sesión celebrada na dita data,

faise público o lugar, a data e a hora de celebración do primeiro exercicio da fase de oposición, convocando os aspirantes na forma que se indica a continuación:

O exercicio celebrarase o día 11 de xullo de 1998, ás 10 horas, na Facultade de Dereito de Santiago de Compostela.

Os aspirantes deberán comparecer no lugar indicado unha hora antes da sinalada para o comezo do exercicio, provistos do DNI e bolígrafo.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 1998.

María Casais Mira

Presidenta do tribunal

5732