Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Xoves, 23 de xullo de 1998 Páx. 8.350

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Hotel Finisterre.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Hotel Finisterre que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza Interior e Relacións Laborais o día 10-6-1998, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social polo comité de empresa o día 25-5-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24

de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de xuño de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Na Coruña o vintecinco de maio de mil novecentos noventa e oito.

Reunidos:

Dunha parte, Gerardo Villarino Gómez, como director xerente do Hotel Finisterre, e da outra o comité de empresa do Hotel Finisterre, constituído por:

José Casanova Cabado

Carlos Vilariño Docampo

Ofelia Mahía Ramos

Francisco Ramos Cernadas

Jorge Fiaño Sánchez

1) Denunciado en forma o convenio de empresa do Hotel Finisterre, asinado o 15 de abril de 1981, e renovado nos anos sucesivos, acordan renovalo nas condicións e pactos que se especifican.

2) A vixencia do convenio que se asina hoxe, tal como se especifica no artigo 2º, terá unha duración dun ano natural, aínda que poderá ser prorrogado pola tácita por períodos anuais, salvo a súa denuncia na forma establecida. No caso de prórroga pola tácita, as melloras económicas e sociais que se acorden entre as partes faranse constar en documento asinado que se unirá a este convenio.

3) Ámbalas partes conveñen o convenio de empresa de 1998, de acordo coas cláusulas seguintes:

Artigo 1º.-.Ámbito funcional.

Este convenio afecta o persoal do cadro fixo do Hotel Finisterre da Coruña.

Artigo 2º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1998, e finalizará o 31 de decembro de 1998.

Poderá ser denunciado por calquera das partes mediante escrito certificado cunha antelación mínima de tres meses á data do seu vencemento e, se

non for denunciado, entenderase prorrogado por períodos dun ano sucesivamente.

Acórdase unha suba en tódolos conceptos económicos do 0,5% sobre a inflación que saia para 1998 e, por conta desta, aboarase o 1,5% (revisión que se fará ó final do presente ano).

Artigo 3º.-Sistema de retribucion.

A retribución salarial do persoal afectado polo presente convenio consistirá nun soldo base, conforme as distintas categorías profesionais, ó que se sumarán os complementos que se pactan, polo que queda totalmente suprimido o réxime de porcentaxe de servicios que rexía nesta actividade, quedando substituído o sistema a que se refiren os artigos 49.52º e seguintes da ordenaza laboral vixente pola nova regulación convida, considerando, ademais, que esta nova modalidade é máis beneficiosa para a totalidade do persoal ó suprimi-las diferencias que, no outro suposto, habería entre as distintas categorías profesionais.

Artigo 4º.-Compensación e melloras.

As melloras que se implantan neste convenio, así como as voluntarias que se establezan no sucesivo serán compensadas e absorbidas ata onde alcancen nos aumentos, melloras e condicións superiores de calquera natureza que, fixadas por disposición legal, contrato individual ou concesión voluntaria, poidan establecerse no sucesivo.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas establecidas neste convenio teñen consideración de minimas, polo que os pactos, cláusulas, condicións e situacións actuais implantados que impliquen condicións máis beneficiosas cás aquí convidas, subsistirán para aqueles productores que as viñesen desfrutando o 1 de xaneiro de 1981.

Artigo 6º.-Comisión en divisas.

O tanto por cento correspondente á dita comisión será repartido entre o persoal do departamento que efectúa os ditos cambios.

Artigo 7º.-Ordenación das categorías profesionais.

Tódalas categorías profesionais das actividades de hostelería adscribiranse segundo os seguintes niveis:

Nivel I

Xefe de cociña.

Xefe de comedor.

Xefe de recepción.

Xefe de administración.

Gobernanta xeral.

Encargado de mantemento.

Nivel II

Segundo xefe de comedor.

Segundo xefe de cociña.

Nivel III

Xefe de sector

Encargado de economato

Subgobernanta.

Encargada de lencería e lavandería.

Xefe de partida.

Secretaria de dirección.

Nivel IV

Interventor.

Adegueiro.

Cafeteiro.

Camareiro.

Recepcionista.

Cociñeiro.

Oficial de 1ª administrativo.

Caixeiro de comedor.

Fontaneiro

Electricista.

Carpinteiro

Pintor.

Nivel V

Axudante de economato.

Axudante de recepción.

Axudante de camareiro.

Axudante de cociñeiro.

Axudante de conserxe.

Conserxe de noite.

Auxiliar administrativo.

Telefonista 2ª.

Camareira andares.

Nivel VI

Calefactor.

Mozo de equipaxes.

Vixilante de noite.

Fegradora.

Marmitón.

Lavandeira-lenceira.

Pasadora de ferro.

Costureira.

Limpadora.

Mozo limpeza.

Nivel VII.

Aprendices.

Mozo dos recados.

Nos casos en que non se incluíse algunha categoría neste artigo, a comisión paritaria determinará o seu encadramento correspondente, categoría e nivel.

Artigo 8º.-Retribucións.

A cada profesional aplicaránselle as contías salarias mínimas correspondentes a cada nivel, e que serán as seguintes:

Nivel 1: 153.245

Nivel 2: 147.295

Nivel 3: 138.312

Nivel 4: 129.330

Nivel 5: 117.493

Nivel 6: 104.281

Nivel 7: 96.695

Artigo 9º.-Mantenza.

O persoal de calquera clase e categoría terá dereito á mantenza como complemento salarial en especie, que percibirá con cargo á empresa, e durante as horas en que presten os seus servicios e sempre que avisen o mes anterior.

O complemento en especie de mantenza poderá substituírse mediante a entrega de 6.232 ptas. mensuais computadas diariamente.

Artigo 10º.-Aloxamento.

Considerarase incluído nos salarios que figuran no artigo 8º o importe do aloxamento para aquel persoal que o ten recoñecido pola ordenanza laboral do 28 de febreiro de 1974.

Artigo 11º.-Plus de convenio.

Establécese un plus de convenio para todo o persoal de 7.714 ptas.

Artigo 12º.-Transportes.

Establécese un plus de transporte para todo o persoal afectado polo presente convenio de 6.763 ptas.

Artigo 13º.-Antigüidade.

Os premios por antigüidade establecidos polo vixente convenio, para o persoal fixo o 31 de decembro de 1985, quedan de acordo coa seguinte escala, tomando como base o salario garantindo no convenio provincial de hostelería para as categorías laborais incluídas no artigo 7º deste convenio de empresa.

A partir do 1 de xaneiro de 1997, a antigüidade calcularase sobre as bases do convenio provincial de hostelería aprobadas no ano 1996, as cales quedarán como base de cálculo para anos sucesivos, incrementados na porcentaxe que se aprobe ano a ano no convenio da empresa Hotel Finisterre.

As ditas bases faranse constar no convenio que se asine anualmente neste artigo.

Deste xeito, queda totalmente desligado de calquera acordo que se estableza no convenio provincial de hostelería, tanto que afecte a bases como a outros criterios.

1) Un 4% sobre o salario garantido ó se cumpriren tres anos de servicio efectivo na empresa.

2) Un 9% ós seis anos.

3) Un 17% ós nove anos.

4) Un 29% ós catorce anos.

5) Un 41% ós dezanove anos.

6) Un 48% ós vintecatro anos.

A partir dos 25 anos de servicio na empresa, nun 2% anual ata un límite nos 40 anos.

A data inicial para a determinación da antigüidade será a de ingreso na empresa aínda que cambie por ascenso ou por calquera outro motivo de categoría profesional.

Os premios por antigüidade do vixente convenio para o persoal que ingresase na empresa despois

do 1-1-1986 quedan establecidos por trienios de 3.835 ptas. en cada unha das pagas. Esta cantidade será revisada conxuntamente co resto das condicións económicas do convenio.

Bases para o cálculo da antigüidade:

Xefe de recepción115.831

Interventor114.055

Oficial 1ª contabilidade110.685

Recepcionista110.685

Telefonista109.231

Axte. recepcionista108.883

Mozo equipaxe103.761

Xefe de cociña115.831

2º xefe de cociña114.055

Xefe partida110.685

Enc. economato108.914

Cociñeiro108.914

Cafeteiro107.102

Xefe de comerdor115.831

2º xefe de comerdor114.027

Xefe sector112.280

Camareiro112.032

Gobernanta114.055

Camareira105.540

Encargada lencería110.685

Pasadora de ferro103.176

Lenceira101.986

Limpadora101.986

Encargado traballos112.392

Calefactor105.540

Carpinteiro101.986

Electricista101.986

Fontaneiro101.986

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias de Nadal e 18 de xullo serán de 30 días, e a de setembro de 15 días. Estarán constituídas polos salarios do artigo 8º, incrementados coa antigüidade que corresponda a cada caso.

No mes de marzo aboarase unha paga extraordinaria consistente en 15 días de retribución que lle corresponda a cada empregado de acordo cos salarios do artigo 8º.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período de vacacións para todo o persoal afectado polo presente convenio será de trinta días naturais. Procurarase que os días festivos traballados sexan computados en descanso día a día, pero se por necesidades de organización isto non se puidese realizar, desfrutaranse acumulados e, nese caso, co preceptivo descanso semanal.

Artigo 16º.-Xornada laboral.

A duración máxima da xornada ordinaria de traballo será de 38 horas semanais de traballo efectivo.

Será xornada continuada nos departamentos de recepción, conserxería, teléfonos, pisos, lencería e administración.

Entenderase por xornada partida aquela na que haxa un descanso ininterrompido dunha hora como mínimo.

O tempo traballado computarase de modo que tanto ó comezo como ó final da xornada diaria o traballador se atope no seu posto de traballo.

Artigo 17º.-Dote por matrimonio.

O dote do persoal fixo que contraia matrimonio consistirá no aboamento dunha mensualidade por cada ano de servicio, nun máximo de seis.

Entenderase como salario o do artigo 8º que lle corresponde ó traballador pola súa categoría profesional, previsto neste convenio, incrementado coa antigüidade. Este dereito afectará unicamente ós traballadores que, ó contraeren matrimonio, rescidan o seu contrato de traballo.

Tanto o persoal masculino coma o feminino que leve dous anos de servicio na empresa e contraia matrimonio continuando nela, percibirá en concepto de dote unha mensualidade de retribución que comprenderá o soldo maila antigüidade. No suposto de que o dito persoal non permanecese na empresa un ano máis a partir da data do casamento, descontaráselle na liquidación que se lle practique a cantidade percibida en concepto de dote.

Este dereito soamente poderá ser desfrutado dunha soa vez polo productor durante a súa permanencia na empresa.

Artigo 18º.-Licencias.

Sen perda de ningunha retribución, a empresa concederá licencias nos casos seguintes:

-Casamento do productor: 15 días.

-Enfermidade grave ou intervención cirúrxica con ingreso do cónxuxe, pais ou fillos: 4 días.

-Parto da esposa: 4 días.

-Morte do cónxuse, pais, fillos e irmáns: 4 días.

-Morte de pais ou irmáns políticos: 2 días.

-Morte de tíos, sobriños ou curmáns 1º grao: 1 día.

-Morte de avós ou netos: 1 día.

-Vodas de fillos ou irmáns: 1 día se é dentro da provincia e tres se é fóra dela.

-Bautizos, primeiras comuñóns de fillos e netos: 1 día.

-Traslado de domicilio: 1 día.

Artigo 19º.-Excedencia.

O traballador cunha antigüidade na empresa de alomenos un ano terá dereito a que se lle recoñeza a situación de excedencia voluntaria por un período máximo de cinco anos, sen que, en ningún caso,

se poida producir tal situación nos contratos de duración determinada. Reunirá o traballador as condicións seguintes:

a) Contar cunha antigüidade na empresa superior a un ano. A concesión outorgarase dentro do prazo dun mes a partir da data da súa petición.

b) A excedencia terá unha duración mínima de seis meses e máxima de cinco anos, e concederase polo tempo solicitado.

c) O traballador que desexe incorporarse ó seu posto de traballo notificarallo á empresa cun mes de antelación á data en que expire o prazo.

d) Perderá o dereito á reincorporación ó seu posto de traballo todo aquel excedente que en tal período de tempo prestase os seus servicios por conta allea en calquera posto de traballo dentro do territorio nacional en empresas comprendidas na ordenanza laboral de traballos de hostelería.

e) Se a empresa lle dese emprego a outro traballador para substituí-lo excedente, aquel tería a condición de interino e causaría baixa ó se reincorpora-lo substituído. Se este non se reincorporase no prazo e condicións sinalados cesaría definitivamente na empresa, adquirindo o interino a condición de fixo.

f) Os traballadores terán dereito a un período de excedencia, non superior a tres a nos, para atende-lo coidado de cada fillo, contado desde a data de nacemento deste. Os fillos sucesivos darán dereito a un novo período de excedencia que, de darse o caso, poría fin ó que se viñese desfrutando.

Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

g) Así mesmo, poderán solicita-la situación de excedencia os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, e mentres dure o exercicio do seu mandato.

h) Para acollerse a outra excedencia voluntaria o traballador deberá cubrir un novo período de alomenos catro anos de servicios efectivos na empresa.

i) A excedencia concederase sen dereito ningún a retribución, e o tempo que dure non será computable para ningún efecto.

Artigo 20º.-Enfermidade.

No caso de enfermidade ou accidente, a empresa incrementará as prestacións da Seguridade Social ata o 100 por 100 do salario establecido no artigo 8º maila antigüidade, plus de manutención, convenio e transporte. Esta prestación manterase por un período máximo de doce meses.

Absentismo.

Nos tres primeiros días de ausencia deixarase de devenga-lo 20% da retribución diaria.

-Do cuarto ó décimo día, ambos inclusive, deixarase de devenga-lo 10% da citada retribución, mediante xustificación médica á empresa.

-Cando a situación de enfermidade común dure máis de dez días ininterrompidos, devengarase a retribución íntegra desde o primerio día de ausencia.

-Das situacións de enfermidade aludidas excluénse as ausencias orixinadas por:

-Hospitalización.

-Intervención cirúrxica.

-Descando por maternidade.

Argigo 21º.-Auxilio por defunción.

No caso de falecemento do productor concederáselle á viúva ou fillos un auxilio de defunción que será da seguinte forma:

-Por cinco anos de servicio: 1 mes.

-Por dez anos de servicio: 2 meses.

-Por vinte anos de servicio: 3 meses.

-Por vintecinco anos de servicio: 4 meses.

Ó persoal que non leve os cinco anos ó servicio da empresa pagaráselle a parte proporcional ó tempo traballado en 6 días por anos de servicio.

Artigo 22º.-Xubilación.

A xubilación do persoal afecto ó presente convenio será obrigatoria á idade que regulamentariamente estableza o Goberono para ter dereito ás prestacións do 100 por 100 por xubilación, sendo no presente de 65 anos. Para o persoal fixo na empresa o 31 de decembro de 1986, ó producirse a xubilación dun traballador que leve como mínimo 15 anos ó servicio da empresa, este percibirá dúas mensualidades incrementadas con tódolos emolumentos inherentes a ela e unha mensualidade máis por cada cinco anos que excedan dos quince de referencia.

Para o persoal de novo ingreso a partir do 1 de xaneiro de 1987, o premio por xubilación será:

-Ós 60 anos: 10 mensualidades.

-Ós 61 anos: 8 mensualidades.

-Ós 62 anos: 6 mensualidades.

-Ós 63 anos. 4 mensualidades.

-Ós 64 anos: 3 mensualidades.

-Ós 65 anos: 2 mensualidades.

Tendo en conta que a xubilación con dereito ó 100 por 100 de prestacións na actualidade está fixada en 65 anos. Se esta fose modificada á baixa, en igual proporción modificarase a táboa anexa.

Artigo 23º.-Nocturnidade.

As hotas transcorridas durante o período comprendido entre as 12 da noite e as 8 da mañá, salvo nos casos en que a categoría do empregado que realiza o traballo nocturno así o especifique, terán unha retribución complementaria do 25% do salario base.

Artigo 24º.-Prazos de aviso previo.

O prazo de aviso previo, nos casos de cesamento voluntario dos traballadores, será o seguinte:

-De 15 días, os traballadores encadrados nos niveis 1 e 2 do artigo 7º.

-De 10 días, o resto do persoal.

O incumprimento destes prazos por parte dos traballadores dará lugar á perda do que puidese corresponderlles polas partes proporcionais das gratificacións extraordinarias recollidas no artigo 14º.

Artigo 25º.-Horas extraordinarias.

Aboaranse de acordo coa lexislación vixente sobre a materia.

Artigo 26º.-Seguro.

A empresa concertará ó seu cargo un seguro por importe de 1.700.000 ptas. para os casos de morte ou incapacidade total para o traballador, en caso de accidente laboral e para todos e cada un dos traballadores.

Artigo 27º.-Vixilancia, interpretación e aplicación.

Para a interpretación, aplicación e vixilancia deste convenio créase unha comisión paritaria integrada por catro persoas, designadas dúas pola empresa e dúas polo comité de traballadores.

As partes asinantes do presente convenio colectivo, axustándose ó establecido na recomendación nº 92 do OIT, e no seu artigo 6 da Carta Social Europea sobre conciliación, mediación e arbitraxe voluntaria, acordan, no caso de conflictos non individuais xurdidos como consecuencia da aplicación e interpretación deste convenio colectivo, someterse ós procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo establecidos no acordo interprofesional (AGA), subscrito entre a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e as centrais sindicais Comisións Obreiras (CC.OO), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e a Confederación Intersindical Galega (CIG), nos propios termos nos que nel están formulados.

Cláusula adicional.

En cumprimento do disposto no artigo 26.5º do Estatuto dos traballadores, faise consta-lo seguinte:

a) Que o número de horas anuais de traballo efectivo será de 1.748, en xornada partida e continua.

b) Que as remuneracións anuais dos traballadores en función do dito número de horas son as seguintes:

Nivel 1: 2.547.180

Nivel 2: 2.457.935

Nivel 3: 2.323.180

Nivel 4: 2.188.455

Nivel 5: 2.010.910

Nivel 6: 1.812.720

Nivel 7: 1.698.920

En proba de conformidade con canto se deixa exposto, asínano os comparecentes no lugar e data ó principio indicados.

Pola empresaPolo comité de empresa

RubricadoRubricado

7010