Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Venres, 04 de setembro de 1998 Páx. 10.003

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (532/1996-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data dictada no xuízo sobre medidas provisionais 532/1996 ante este xulgado, por instancia de María José Caramelo Otero, representada polo procurador Merelles Pérez, contra José López Varela, por medio desta cédula cítase a José López Varela, do que se descoñece o domicilio actual, co fin de que o día vintecatro de setembro, ás 10 horas, compareza ante este xulgado co obxecto de asistir á celebración da comparecencia prevista no artigo 1987da LAC, coa prevención de que de non facelo será declarado en rebeldía e que recaerán sobre el os prexuízos ós que houbese lugar en dereito.

E para que lle sirva de citación a José López Varela, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela, o catorce de xullo de mil novecentos noventa e oito.

O secretario xudicial

Rubricado

6797